David G. Gándara

David G. Gándara

twitteryoutuberesearchgate mensaje en chino

gnu logo
fsf member
Login

Maria Montessori

2021-02-09


image

É complicado atopar a alguén que non coñeza, polo menos de oídas, o "método Montessori". Desgraciadamente, na época actual, este método convertiuse nunha especie de marca comercial, que os colexios usan para conseguir matrícula, e na que moito profesorado aplica o suposto método dunha maneira moi dogmática.
Isto non é o que a autora recolleu nas súas obras. A fundamentación científica que se pode atopar nos seus libros é dun rigor excepcional, froito probablemente da súa formación universitaria en medicina. Para min, moito máis importante no seu método que a anécdota dos materiais empregados, que é a parte que a xente normalmente identifica coa palabra "montessori", é o rol do profesorado, que a autora sempre vinculou á investigación-acción. É difícil comprender un sistema educativo que avance cara á calidade sen que unha parte dos docentes sexan investigadores. Non se pode mellorar cunha doble vía na que a investigación se realiza cun modelo de "laboratorio" nas universidades, e se pretende implantar as conclusións nas aulas. Esta idea foi a que me motivou a realizar investigación na miña aula, ata o punto de redactar a miña tese doutoral sobre esa área.
"Son necesarias unha boa formación e práctica para que o profesorado que non foi preparado para a observación científica poida encaixar neste método, e esa formación é especialmente necesaria para aqueles que se fixeron ós vellos métodos de dominación da escola común."
Montessori, M, 1870-1952. (2004). The Montessori method : the origins of an educational innovation. Rowman & Littlefield Publishers,