David G. Gándara

David G. Gándara

twitteryoutuberesearchgate mensaje en chino

gnu logo
fsf member
Login

Pedagoxía Básica... por onde empezar?

2021-02-02


O pensamento pedagóxico de 31 grandes. Todos os anos participo no reto do profesor Ramón Besonías, o dibucedario. Consiste en debuxar cada día do mes de xaneiro, seguindo as letras do abecedario como idea para os debuxos. Os participantes, normalmente, escollen unha temática para os debuxos. Este ano escollín debuxar autores que influíron na miña maneira de entender a educación.
Despois pensei que fora moi interesante lembrar estes autores, e as lecturas que fixen nalgún momento da miña vida. Así que escribín unha pequena historia explicando como foi esa influencia nas miñas clases. Para aprender pedagoxía é necesario formar unhas sólidas bases. Ler aquí e alá, deixándose levar polas modas do momento non é o camiño. Cada un debe ir construíndo a súa lista de autores favoritos, e a partir de ela, "a ombreiros de xigantes", construir o seu propio pensamento.
Espero que tamén vos resulte de interese, tanto para lembrar as vosas propias lecturas sobre educación, como para comezar a aprender sobre o tema. Se estades estudando algo relacionado coa educación, ou se sodes docentes que no seu momento non tivestes a oportunidade de aprender sobre pedagoxía.