David G. Gándara

David G. Gándara

RSS feedmastodonyoutuberesearchgate qiāng dǎ chū tóu niǎo

gnu logo
fsf member
Login

Bio

2016-06-13


image

Son orientador nun colexio de primaria en Galicia. O meu interese na práctica reflexiva na aula, como camiño á inclusión, levoume a solicitar este traslado, tras 20 anos nas aulas. Neste período tiven a oportunidade de coñecer as etapas de infantil, primaria e secundaria. Case sempre como mestre de linguas estranxeiras, aínda que tamén como titor de primaria. A través do programa de profesores visitantes puiden coñecer tamén o sistema educativo canadiense, durante a miña etapa como titor de primaria en Calgary.

No ámbito da investigación intentei compaxinar os meus intereses pola práctica reflexiva na aula e a aprendizaxe de linguas. Despois da miña Licenciatura en Ciencias da Educación, doctoreime na Universidade de Santiago de Compostela (Estudos Ingleses Avanzados). Algunhas das miñas publicacións (artigos académicos e libros) utilízanse como material en asignaturas universitarias (USC, UCM, EHU,...) e para a preparación de oposicións. Actualmente o campo de investigación ó que adico máis tempo é a inclusión nas aulas, desde o grupo de investigación IN-DIV da Universidad Internacional de La Rioja, onde tamén colaborei como docente, no Máster de Educación Bilingüe.

Como firme defensor da educación inclusiva participo activamente nas iniciativas do colectivo "Quererla es Crearla" promovendo procesos de investigación-acción participativa nos centros docentes.

Ponencias plenarias en congresos e xornadas

• Ponencia "Estratexias para unha orientación inclusiva" nas IV xornadas de pedagoxía terapéutica AGAMPI. Vigo, 2025

• Ponencia sobre Orientación educativa nas II Xornadas de Orientación para el s. XXI, en Grado (Asturias), 2023

• Ponencia sobre Orientación educativa nas II Xornadas de Orientación para el s. XXI, en Grado (Asturias), 2023

• Ponencia sobre Deseño Universal para a aprendizaxe nas Xornadas de Atención á Diversidade do CEP de Málaga 2022

• Ponencia sobre Visual Thinking no Congreso Internacional EDUCA 2022

• Obradoiro sobre ensino mixto no Congreso Internacional de Enseñanza bilingüe CIEB 2021

Formación impartida

• Cursos a distancia sobre ensino mixto (CAFI, Galicia)

• Cursos sobre atención á diversidade no ensino de idiomas (CFR de Pontevedra, CFR de Ourense, CFR de Lugo, CFR de Ferrol, CFR de Coruña)

• Cursos sobre deseño universal para a aprendizaxe (CRFP Castilla a Mancha, CEP de Málaga, CFR de Pontevedra, CAFI)

Libros

Orientación Educativa para 2030: Manual Básico. Material empregado para preparación de oposicións y materias universitarias. Reseñado como un dos mellores manuais sobre orientación educativa por "Educación 3.0".

Pedagogía Básica ¿Por dónde empezar?

Artículos

Desafíos y soluciones en la implementación de programas bilingües: estrategias para un éxito sostenible (2024, Revista UNIR)

El lado oscuro de la investigación en educación (2024, El País)

Identificando Barreras al Aprendizaje (2024, Revista AOSMA)

Actividades de evaluación auténtica para una evaluación psicopedagógica inclusiva (2022, Revista EDUCA). Na bibliografía de materias universitarias.

The Role of the Students in the CLIL Classroom A New Perspective to Identify Types of Tasks (2017, Revista IJALEL)

CLIL in Galicia: Repercussions on academic performance (2015, Revista LACLIL)

Otras publicaciones

Ilustración

Aprende ajedrez desde cero con Iván Salgado

Warmsee

Facilitación gráfica

• Xornadas Teima Down (Down Ferrol, Galicia)

• Xornadas SEM (CAFI, Galicia)

• Xornadas DUA (CAFI, Galicia)

• #CharlasEducativas