David G. Gándara

David G. Gándara

RSS feedmastodonyoutuberesearchgate qiāng dǎ chū tóu niǎo

gnu logo
fsf member
Login

Paulo Freire

2021-02-07


image

"Se quixese podería aprobar todo, pero é da lei do mínimo esforzo". Durante os meus anos coma mestre oín esta frase moitísimas veces. Ou outras parecidas. Estou tan afeito a oíla que xa non me chama a atención. Pero en realidade reflicte algo moi grave. Un docente que é quen de ver o potencial nunha persoa, pero ante a imposibilidade de desenvolvelo, atribúeo ó alumnado.
Foi casualidade que a primeira vez que lin a "Pegagoxía do oprimido" foi naquela mesma pequena escola na que un alumno deixaba os exames en branco aínda que despois, nas súas conversacións amosaba unha abraiante capacidade de expresión e cultura. Na clase estaba case sempre despistado. Eu, influído polo resto do profesorado, xa non lle daba moita importancia, porque parecía pasarlle a todo o equipo. Pero nunha ocasión achegueime á súa mesa nun deses momentos nos que estaba tan despistado. Vin que agochaba algo no caixón da mesa. Quedei coa boca aberta cando vin que o que ocultaba era "Vinte mil leguas de viaxe submarina". Xa non sei se fun eu, ou quen foi, que conseguiu que un neno de aldea coñecese a Xulio Verne e que se enfrascara na súa lectura. Pola miña parte, nunca lle volvín a chamar a atención cando estaba despistado. O traballo estaba feito.
"Ensinar não é transferir conhecimento, mas criar as possibilidades para a sua própria produção ou a sua construção."
Freire, P. (1968). Pedagogía del oprimido.

Volver al panel del #dibucedario2021




Ellen Winner

2021-02-05


image

Penso que quedou claro que o debuxo é unha das miñas pasións. Eu sempre tiven claro do importante que é que a arte forme parte da vida das persoas, e sempre intentei transmitir isto nas miñas clases. Durante moitos anos canseime de xustificar por que non adicaba más tempo á escritura ou ó cálculo. Busquei investigacións que demostrasen que coa arte tamén se podía mellorar nas outras disciplinas. Pero nunca atopei nada.
Afortunadamente, o que sí atopei foi o traballo de Ellen Winner. Lendo os seus traballos por fin comprendín que a arte na escola non se xustifica porque faga mellorar os resultados académicos en lingua e en matemáticas, senón pola arte en si mesma. O sentido estético, o pensamento visual, a capacidade de superación, e moitas outras habilidades fan que a razón para adicar máis tempo ás artes nas escolas, e polo propio valor da arte.
E isto mesmo pasa con outras cousas. Ante a tendencia da "educación baseada en evidencias" hai que ter coidado de en que consisten esas evidencias que se buscan. Se o que se busca para xustificar algunha metodoloxía é mellorar as cualificacións, ou os resultados PISA, a min non me interesa, non sei a vós.
"We do not need the arts in our schools to raise mathematical and verbal skills - we already target these inmath and language arts. We need the arts because in addition to introducing students to aesthetic appreciation, they teach other modes of thinking we value."
Winner, E. (1993). Exceptional Artistic Development: The Role of Visual Thinking. Journal of Aesthetic Education, 27(4), 31-44.
Hetland, L., Winner, E., Veenema, S., & Sheridan, K. M. (2015). Studio thinking 2: The real benefits of visual arts education. Teachers College Press.

Volver al panel del #dibucedario2021




John Dewey

2021-02-04


image

Despois de varios anos como titor de cursos baixos de primaria, por fin chegaba a sexto coa ilusión de que se pode profundizar máis nos temas, facendo todo máis interesante. Porén, enseguida me desanimei, esa profundización non daba chegado, e atopábame diante cunha mestura de "vagancia" e "dificultades de aprendizaxe". Así lle chamaba eu ás cousas por aquel tempo.
Ante esta circunstancia pensei que sería boa idea poñer en práctica o que lera anos atrás sobre a experiencia e a educación. Empecei a formular as tarefas da aula como experiencias de aprendizaxe: un laboratorio de experimentos, a redacción dun periódico, un estudio de cine, un obradoiro de animación por ordenador. Todo isto coa idea de que polo menos non se perdera o tempo, pero non tardaron en deixarme coa boca aberta. Decidiron facer unha película de zombies, e demostraron que ó teren un propósito claro e un contexto foron quen de mellorar a súa capacidade de redacción, de expresión oral, de organización da rodaxe... E isto foi só unha das experiencias de todo un curso escolar.
"it is a mistake to suppose that acquisition of skills in reading and figuring will automatically constitute preparation for their right and effective use under conditions very unlike those in which they were acquired. "
Dewey, J. (1938). Experience and Education. MacMillan.

Volver al panel del #dibucedario2021




Carol Dweck

2021-02-04


image

Cando un traballa nunha pequena escola rural escoita unha e outra vez as queixas do desfavorecidas que están as aldeas, e como as nenas e os nenos das escolas, por teren nacido nese lugar, non teñen a posibilidade de acadar moitas cousas que os da cidade sí poden.
O que non sucede tantas veces é atopar, como me pasou a min, a unha nena que se negou a aceptar que por vivir onde vivía non podía aprender a tocar o piano. Cada recreo se quedaba un ratiño na clase a practicar as humildes partituras que eu era quen de prepararlle. Aínda me resulta difícil describir o que sentín cando me dixo que quería acompañar ós seus compañeiros ó piano no festival de inverno.
A maior parte da xente pensou que a nena era moi talentosa, e poucos pensaron a cantidade de práctica que había detrás. E sobre todo, o gran exemplo de "growh mindset" que demostrou.
"Becoming is better than being."
Dweck, C. S. (2012). Mindset. Robinson.

Volver al panel del #dibucedario2021




Benjamin Bloom

2021-02-02


image

Despois dos primeiros traballos, posiblemente substitucións non moi longas, todos nos enfrontamos co primeiro destino no que nos din: "para o 31 de outubro hai que ter as programacións". Aínda que se fan programacións na universidade, e posiblemente na oposición, este é o momento da verdade, o que poñamos aí hai que facelo na realidade.
Claro, podemos fotocopiar o que pon o libro sen máis, pero isto fainos esclavos das editoriais. Cando eu saltei á piscina e decidín pensar por min mesmo o que eu quería conseguir do alumnado e como o ía conseguir. Sobre todo en canto ás aprendizaxes mínimas. Pensei que toleaba.
Por sorte lembrei que nalgún momento da carreira estudara a "taxonomía de Bloom". Aínda que non estaba moi seguro se me ía servir dalgo, ese libriño (hai que ver o orixinal, existen moitas distorsións por aí) realmente facilita unha visión de que cousas queremos que o alumnado saiba facer, que nos permita non esquecernos de nada esencial, ó mesmo tempo que nos aporta moitas maneiras diferentes de achegarse ó coñecemento.
"Curriculum builders should find the taxonomy helps them to specify objectives so that it becomes easier to plan learning experiences and prepare evaluation devices."
Bloom, B. S. (1977). Taxonomía de los objetivos de la educación. El Ateneo.

Volver al panel del #dibucedario2021




Mel Ainscow

2021-02-01


image


Despois de 20 anos como mestre, trasladeime a un posto de orientador educativo. Estaba desexando traballar en equipo para mellorar a atención á diversidade no centro. O noso sistema educativo, en xeral, ten moitos pasos que dar cara a unha cultura inclusiva que dea resposta ás necesidades da sociedade
O máis difícil foi crear o proxecto de orientación, con tantas cousas por facer e sen saber por onde empezar. O "Index for Inclusion" permitiume atopar cales eran as cousas que se facían e que había que deixar de facer, e as que non se facían e había que empezar a facer.
Non quero enganar a ninguén, establecer un liderazgo pedagóxico inclusivo é moi complicado, pero en autores como Ainscow atopamos un nivel de rigor e autoridade que fai este camiño algo máis accesible.

"Inclusion starts from a recognition of the differences between students."
Booth, T., & Ainscow, M. (2002). Index for inclusion: Developing learning and participation in schools. CSIE.

Volver al panel del #dibucedario2021




Outubro de tinta / Inktober 2020

2020-10-17


image



Respondiendo a situaciones excepcionales: los proyectos estructurales de aula.

2020-03-27





¿Puede el profesorado ser útil desde casa?

2020-03-27





Tabla de ejercicios para hacer en casa durante los días de alarma.

2020-03-17


El Sr. Gandara nos propone estos ejercicios, que se pueden hacer en casa y en los que no hace falta ni material. Se trata de una serie "Tabata", destinada a tonificar las distintas partes del cuerpo al mismo tiempo que se entrena la capacidad anaeróbica.

1. PLANCHA. Aguantar la postura 20 segundos


DESCANSO 10 segundos

2. PLANCHA. Aguantar la postura 20 segundos


DESCANSO 10 segundos

3. PLANCHA. Aguantar la postura 20 segundos.


DESCANSO 10"

4. PLANCHA. Aguantar la postura 20 segundos


DESCANSO 10"

5. PLANCHA. Aguantar la postura 20 segundos


DESCANSO 10"

6. ESCALADOR. Repetir durante 20 segundos


DESCANSO 10"

7. PLANCHA. Aguantar la postura 20 segundos


DESCANSO 10"

8. JUMPING JACK. Repetir durante 20 segundos


DESCANSO 10"