2017-02-01
Despois de investigar un pouco, descubrín que o parque no que se xoga ó xadrez en New York, cos famosos "hustlers" non é Central Park, senón que é Washington Square. Alá me fun. Ía moito frío, e iso que viña dos -25 de Canadá... O señor infórmame de que se xoga por un donativo de 10$. Non cheguei a entender se tiña que pagar en caso de que gañase el, ou se mos ía pedir igual. A cousa foi que na xoagada cinco, ou así, deixouse a dama. Por suposto, entre o frío, pensar nos dez dólares, e a miña falta de habilidade, non me enterei. Ó final, acaboume gañando.
En resumo, supoño que haberá outros "hustlers" que xoguen moito mellor, e que xustifiquen o mito de que hai xente que xoga a nivel de mestre.