David G. Gándara

David G. Gándara

twitteryoutuberesearchgate mensaje en chino

gnu logo
fsf member
Login

O frío en Calgary

2016-12-10


Parecía que non chegaba, pero chegou. Vaia se chegou. Máximas de -20. Isto do frío era case o que máis respecto me producía cando empezaba a pensar se vir ou non vir. Agora que xa estou nela, podo dicir que non é para tanto. Iso sí, utilizando a roupa correcta. Só me queda experimentar as venticas, claro.
Se un sae correctamente abrigado e enzapatado de casa, todo vai ben. Pero como se che ocorra quitar o gorro ou as luvas... podes perder un dedo ou unha orella en cuestión de minutos.
Unha cousa que sí me sorprendeu, e que nunca vira antes son os "ice crystals". É coma se o aire se conxelase e quedan diminutos cristais de xeo flotando. É bastante incómodo canso se che pegan nas pestanas. E claro, non as podes quitar porque levas as luvas.
Outra cousa que me preocupaba un pouco era o de quitar a neve. Pero resulta que aquí é tremendamente seca, por contradictorio que poida parecer. Pódese simplemente varrer cunha vasoira e o chan queda perfectamente seco e limpo.
En fin, penso que imos sobrevivir ó inverno sen moitos atrancos.