David G. Gándara

David G. Gándara

RSS feedmastodonyoutuberesearchgate qiāng dǎ chū tóu niǎo

gnu logo
fsf member
Login

O cacho de San Xoán

2026-06-23


Unha avantaxe de vivir nunha vila coma o Carballiño é que nun paseo dun par de horas pódese conseguir recoller a auga de sete fontes e tamén as sete herbas do cacho de San Xoán:

  • Pericón (Hipericum perforatum)
  • Malva (Malva sylvestris)
  • Fiuncho (Foeniculum vulgare)
  • Herba luisa (Aloysia citriodora)
  • Romeu (Rosmarinus officinalis)
  • Codeso (Adenocarpus complicatus)
  • Fenta (Dryopteris filix-mas)
Vinte unha crara noite
noitiña de San Xoán
poñendo as frescas herbas
na fonte a serenar.
Rosalía de Castro

Unha pota que contén as sete herbas de San Xoán mesturadas coa auga de sete fontes