
A miña proposta para avaliar e calificar
2024-12-06
Hai algún tempo gravei nun vídeo unha proposta para traducir a información recollida durante un proceso de avaliación formativa ós números que requieren as administracións para encher as actas de cualificacións.
Sego vendo da mesma maneira case todo, pero variei un pouco a miña opinión en canto á proposta final que se fai para decidir a cualificación numérica. O que porpuña orixinalmente era unha táboa na que se establecía unha equivalencia entre a verificación de que os aprendizaxes se desenvolveron como se pedía coas diferentes posibilidades numéricas. De tal modo que se daba un 10 a quen amosaba todas as aprendizaxes, un nove a quen lle faltaba unha cousa por aprender, e así sucesivamente. En canto ó número máis importante, a diferencia entre o 4 e o 5, propuña establecer unhas aprendizaxes imprescindibles. Para ter ó menos un 5 había que amosar que polo menos esas aprendizaxes tíñanse producido.
Aunque me sigue pareciendo una idea aceptable, ahora mismo me parece un poco mejor la que presento a continuaciónAínda que me segue a parecer unha idea aceptable, agora mesmo paréceme un pouco mellor a que presento a continuación::
É dicir, a diferenza é que nesta nova interpretación, todos os criterios serían imprescindibles, aínda que sexa de maneira parcial. É importante sinalar que só sería preciso determinar, para os criterios, se se cumpren por completo ou parcialmente, sen necesidade de graduar de 1 a 10 todo o tempo. Isto simplifica enormemente a recollida de evidencias. Tanto a versión ofrecida no vídeo como esta outra parécenme razoables e, desde logo, moito máis coherentes matemáticamente que as clásicas medias e ponderacións. E incluso moito máis obxectivas.