David G. Gándara

David G. Gándara

RSS feedmastodonyoutuberesearchgate qiāng dǎ chū tóu niǎo

gnu logo
fsf member
Login

Diario de Misión - #GamificaMooc - Reto 3 - Narrativa y Storyboard

2021-04-26


image

Esta gamificación está destinada á asignatura de xadrez en cuarto de primaria. Ademais de facilitar a atención á diversidade do alumnado, sobre todo en canto á capacidade de concentrarse, controlar a conduta, etc, tamén vai servir de nexo de unión entre as clases presenciais, actividade online xa sexa para repasar ou por causo dalgún tipo de confinamento, e as actividades dun proxecto europeo no cal se colabora con outros centros de Europa para crear un REA no que se aprende o movemento básico das pezas.
Todo se integrará na aula virtual do colexio, que é unha plataforma Moodle. Aquí aloxaremos os elementos da narrativa, e mediante os módulos correspondentes, xestionaremos os puntos de experiencia do noso avatar, que se poderán conseguir resolvendo tarefas de clase, e de calquera outra maneira que decida o profesor.
Durante a gamificación iremos atopando os componentes perdidos do equipo de xadrez. Cando atopemos un, engadirase á colección de obxectos do xogador na platafora, e ademais o xogador recibirá unha tarxeta cun marcador de realidade aumentada, onde poderá ver a peza rescatada.
O desenlace final consiste nunha partida contra os alieníxenas, para a que se utilizará unha sucesión de problemas estudados en clase, que haberá que ir resolvendo nun tempo determinado.