2021-02-09
Que fai un lingüista nesta lista de personaxes influíntes na educación? Aínda que Krashen é coñecido polas súas teorías sobre a adquisición da linguaxe, especialmente o papel do input, na súa investigación hai un aspecto que engloba a todas as demais aprendizaxes: a lectura.
É comunmente aceptado que ler é unha das principais fontes da aprendizaxe, pero por algún motivo non se lle acaba de dar a importancia que merece. Recentemente se ten apostado por incluír un tempo de lectura no horario escolar, pero sempre é unha porcentaxe moi pequena. Parece que perdemos o tempo que deberiamos estar empregando en explicar ou en facer exercicios de práctica. Nas súas investigacións, Krashen demostra como a lectura libre por pracer -esencial que cumpla estas condicións- permite ir adquirindo calquera aprendizaxe lingüístico que normalmente se busca por outros medios: gramática, vocabulario, capacidade de redacción...
Puiden comprobalo eu mesmo desde que comecei a dedicar polo menos unha ou dúas horas cada día á lectura na aula. Nunha das horas cada un le o que quere, pero en silencio, profesor incluído. Noutra hora é o profesor, ou un compañeiro o que le para todos. Moi rápido se aprecian diferencias non só na estrutura dos textos que fan, senón que tamén se observa como incorporan no seu repertorio cousas que sabemos que aprenderon dos libros (porque vemos que libros len). E sobre todo, incorporan a actividade como unha rutina ás súas vidas.
"My conclusions are simple. When children read for pleasure, when they get “hooked on books,” they acquire, involuntarily and without conscious effort, nearly all of the so-called “language skills” many people are so concerned about".
Krashen, S. D. (2004). The power of reading: Insights from the research: Insights from the research. ABC-CLIO.