David G. Gándara

David G. Gándara

RSS feedmastodonyoutuberesearchgate qiāng dǎ chū tóu niǎo

gnu logo
fsf member
Login

Joaquim Xirau

2021-02-09


image

Debo recoñecer que antes de empezar este proxecto non sabía quen era Joaquim Xirau, e que unicamente cheguei a coñecelo porque o seu apelido comeza por "X". Porén, ó investigar a súa traxectoria, descubrín unha vez máis a importancia que ten a relación entre a Educación e a Filosofía.
Aínda que Joaquim era un filósofo con moita reputación, as circunstancias históricas que lle tocou vivir levárono a participar nun importantísimo proceso de sistematización do ensino dos futuros mestres, que anteriormente estaba fóra do ámbito da universidade. Nas súas cartas con Cossío podemos descubrir todo un proceso de reflexión sobre a mellor forma de levalo a cabo, e como finalmente se acaban impoñendo os poderes políticos sobre a razón.
En momentos como o que vivimos, de circunstancias históricas nunca antes vistas, debemos recordar o que fixeron personaxes como Xirau, que en momentos similares, comprenderon que se hai que implicar activamente nos procesos se queremos que polo menos, unha pequena cantidade de lóxica se cole nos cambios lexislativos.
"Creo que en todas partes hay que hacer las cosas contando con un grupo de personas. Y esto es lo que aquí ofrecemos con mucha modestia pero con mucha limpieza.".
Llopart, P. (2003). De Joaquim Xirau a M. B. Cossío: dotze cartes i una targeta de visita. Temps d'Educació, 27, 419-439.