David G. Gándara

David G. Gándara

RSS feedmastodonyoutuberesearchgate qiāng dǎ chū tóu niǎo

gnu logo
fsf member
Login

Lev Vygotsky

2021-02-09


image

Non vou falar sobre o que todos estudamos unha e mil veces sobre Vygotsky. A súa teoría da zona de desenvolvemento próximo, que segue tan vixente na actualidade na forma de "scaffolding". Pero ademais disto, e de moitas outras cousas, Vygotsky tamén era un gran defensor da utilización do xogo como medio para o aprendizaxe.
Cando algunhas veces falando con compañeiras e compañeiros explico o moito que me gusta usar o xogo, ou propoño que introduzan xogos nas súas clases, me contestan que non teñen tempo para preparalos, ou que sería perder o tempo, que teñen que seguir o currículo (referíndose ó libro, claro). Eu non esquecerei aquel momento no que unha compañeira me preguntaba que faría eu con respecto a uns alumnos da súa aula, que viñeran doutro país e que non eran capaces de seguir a clase. Quería que aprenderan unhas palabras para referirse as emocións, e claro, eran complicadas de explicar, como por exemplo: "frustración". Ocurríuseme facer ese xogo que sae na tele, na que se ofrece unha lista de palabras, vanse lendo as definicións e os participantes teñen que ir adivinando todas as palabras seguidas. Incriblemente, eses nenos foron os únicos capaces de dicilas todas. Pode que non entenderan nese mesmo momento o que significaban, pero se seguisen xogando todos os días ó mesmo xogo, seguro que as ían aprender. Non se me ocorre unha maneira mellor.
"It is incorrect to conceive play as activity without purpose".
Vygotsky, L. S. (1978). Mind in Society. Harvard.