David G. Gándara

David G. Gándara

twitteryoutuberesearchgate mensaje en chino

gnu logo
fsf member
Login

Uta Frith

2021-02-09


image

Comprender o que está pasando na mente das nenas e dos nenos da aula é algo que todo bo mestre quere saber. Isto permitiríalle planificar mellor as experiencias de aprendizaxe. Porén, conseguilo é extremadamente difícil.
A enorme contribución de Uta Frith consiste precisamente en explicar o funcionamento das mentes de nenos e nenas con autismo. Demostrar que os seus comportamentos eran en parte explicables por déficits na "teoría da mente" permitiu, por unha parte, poder abordar mellor a educación deste colectivo, e por outra, contribuir en gran medida a descartar a idea de que de algún modo o comportamento das súas familias era o desencadenante do autismo.
O equipo de Frith tamén nos enseña como unha tarefa tan simple como a que utilizaron nas súas investigacións, nas que os participantes están nunha situación case de xogo serve para ofrecer validez científica. Non se necesitan baterías de tests, senón que o rigor ven da lóxica do método e a capacidade de extraer conclusións. É abraiante como en oito folios se pode revolucionar o estudo do autismo.
"Thus we have demon-strated a cognitive deficit that is largely independent of general intellectual level and has the potential to explain both lack of pretend play and social im-pairment by virtue of a circumscribed cognitive failure".
Baron-Cohen, S., Leslie, A. M., & Frith, U. (1985). Does the autistic child have a “theory of mind”?. Cognition, 21(1), 37-46.