David G. Gándara

David G. Gándara

twitteryoutuberesearchgate mensaje en chino

gnu logo
fsf member
Login

Francesco Tonucci

2021-02-09


image

Todo o mundo coñece a Frato, e é verdade que as súas viñetas transmiten moi ben algunhas cousas que moitos pensamos. pero detrás das viñetas atópase un pensamento moi elaborado e moitas propostas concretas que non sempre son tan coñecidas.
Cada vez que vexo esas tarefas tan secuenciadas en pasos simplísimos, que ademais non permiten saírse das instrucións: corta pola liña, colorea dentro da figura, usa estas cores, etc. Ás veces vexo nas clases de matemáticas como o profesorado "simplifica" os problemas para que os nenos e as nenas sexan quen de facelo.
Tonucci lémbranos que os nenos son persoas, e que son quen de facer cousas, que deixemos de tratalos como "incapaces". Ás veces chega con poñer as condicións para que as cousas poidan suceder.
"El ambiente, la escuela, la clase deberán concebirse como ambientes culturalmente significativos: los laboratorios, la biblioteca de aula, el rincón de la lectura deberán ayudar al niño a sentirse dentro de un ambiente estimulante".
Sensat, R. (1929). Los estudios de la naturaleza en la escuela primaria. Revista de Pedagogía, 139, 391-396.