David G. Gándara

David G. Gándara

RSS feedmastodonyoutuberesearchgate qiāng dǎ chū tóu niǎo

gnu logo
fsf member
Login

Ken Robinson

2021-02-09


image

Que pasaría se a escola fose o lugar onde atopáramos que é esa cousa que nos apasiona, na que nos sentimos como peixe na auga? Que pasaría se non lembrasemos ben o que son as plantas anxiospermas e xinospermas, ou as diferencias entre o clima oceánico e continental, ou se "ruído" ten ditongo ou hiato?
Se, coma min, pensades que o que pasaría é que teriamos unha escola mellor, lede a Ken Robinson. Eu particularmente, non lembro ben ningunha desas tres cousas, e iso que levo máis de vinte anos "ensinándoas" nas escolas.
É posible que conseguir que todo o mundo descubra o seu "elemento" sexa moi complicado. Pero quizais non tanto. Cando tiven o meu primeiro destino coma titor de primaria atopábame moi perdido, pero tiña claro que non quería limitarme a descubrir o que tiña que facer en cada clase ó abrir o libro de texto. O que abrín no seu lugar, foi o libro de Ken Robinson. Organicei as miñas clases de maneira que durante o curso tocabamos moitas actividades diferentes: redacción dunha enciclopedia, estudio de televisión, cine e animación, deseño e construción de maquetas, composición musical, preparación de espectáculos, confección de traxes, e algunhas máis. Estou case seguro de que non todas as alumnas e alumnos de aquela clase descubriron o seu elemento. Pero si o estou de que estiven máis preto que seguindo o que a tradición da escola esperaba de min.
"Because they have such a narrow view of ability, school systems usually promote a very wide idea of disability".
Robinson, K. (2013). Finding your element. Penguin.