David G. Gándara

David G. Gándara

twitteryoutuberesearchgate mensaje en chino

gnu logo
fsf member
Login

Kong Qiu (Confucio)

2021-02-09


image

Para min é evidente que foi un grave erro histórico construir a nosa tradición cultural tan de costas a oriente, e en particular, a China. Calquera actividade que fagamos vaise enriquecer se botamos unha ollada á súa tradición en China, e a educación non é unha excepción.
Coma case todas as citas de Confucio, esta que escollín permite extraer moitas reflexións, algunhas delas xa foron comentadas para outros autores. Para o mestre, non só é clave a planificación, senón o coñecemento do "oficio", e ter as ferramentas listas. Incluso, se pensamos no artesán, o concepto de avaliación formativa volve a estar presente.
Esta é a grandeza da filosofía confuciana, con nove caracteres coidadosamente escollidos desencadena as reflexións que necesitamos, permitindo múltiples traducións e intrepretacións.
"Un artesano, si quiere hacer un buen trabajo, primero debe afilar sus herramientas." (工欲善其事,必先利其器)
Confucio (2009). Analectas. Editorial Popular.