David G. Gándara

David G. Gándara

twitteryoutuberesearchgate mensaje en chino

gnu logo
fsf member
Login

Helen Parkhurst

2021-02-09


image

Cando un fala de orientar as clases á experiencia, ou de facer menos exames, ou de poñer menos deberes, ou de prescindir do libro de texto, enseguida lle din cousas como: "Esas ideas modernas", "A innovación é moi bonita, pero...", "quen propón iso nunca pisou un aula...", e moitas outras frases similares.
Coñecer o que se escribiu no pasado axúdanos a ver que este patrón sempre estivo aí. Falando exactamente das mesmas cousas! Cando Helen Parkhurst empezou a popularizar o seu "Plan Dalton" trataba precisamente de ofrecer unha alternativa a un sistema "tradicional" parecido ó que hoxe seguimos chamando igual. As súas principais ideas eran que o alumnado debía ser o centro do sistema, e que a aprendizaxe se debía fundamentar na experiencia. A estas alturas do mes debeu quedar claro que estas ideas non eran orixiniais. De feito, a conexión de Parkhurst con María Montessori, por exemplo, está documentada. Repetidamente os filósofos, psicólogos e pedagogos dos que falei veñen reiterando isto. E seguiron a repetirse despois de Parkhurst, con máis ou menos éxito. Por exemplo, a Escola Nova española tivo a súa orixe no plan Dalton. Aínda a día de hoxe se siguen elaborando reformas educativas que se miran no plan Dalton.
O que eu aprendín de este eterno ciclo "da marmota" non é que haxa que facer exactamente o que dicía esta grande da educación. Pero sí que non debemos ter en conta a toda esa xente que nos tache de "innovadores", "modernos", etc. En todo caso deberían chamarnos "antigos" ou "tradicionais", o incluso "conservadores", porque el plan Dalton, que como no fue distorsionado y explotado como marca comercial, y sus experiencias hermanas son quizá las más estudiadas y contrastadas de la historia.
"Broadly speaking, the old type of school may be said to stand for culture, while the modern type of school stands for experience."
Parkhurst, H.(1922). Education on the Dalton Plan. E. P. Dutton & Company