David G. Gándara

David G. Gándara

twitteryoutuberesearchgate mensaje en chino

gnu logo
fsf member
Login

Robert Gagné

2021-02-09


image

Xa estudando na universidade tiña claro que a aprendizaxe é máis efectiva cando se produce dunha maneira activa, non mediante "transmisión". Cando empecei a traballar descubrín con sorpresa que este modo de levar as clases xenera moitos problemas, tanto con familias como con equipos docentes, cando eu pensaba que sería sempre ben recibido. Refírome a formular experiencias activas de aprendizaxe como regla xeral, en lugar de abrir o libro, ler por turnos o que pon, facer no caderno as actividades e por último levar de deberes o que queda por facer.
Durante anos vinme forzado a demostrar que desafiando esa tradición -que en realidade non é tan tradicional, faise máis ben desde os anos oitenta- os nenos e as nenas non deixaban de aprender. Pero os colegas que o facían según o esperado non tiñan que xustificar nada. Nos últimos anos incluso empecei a ler en libros de divulgación e nas redes sociais que hai que deixarse de tonterías, que a "instrución directa" é realmente o método máis efectivo. Moitas veces desenvolven a idea explicando que a clase maxistral non é tan mala, e que o aprendizaxe por descubrimento é unha idea obsoleta que hai que desterrar.
Por casualidade, e no ámbito do ensino online, descubrín o traballo de Robert Gagné. En realidade, é unha das fontes das que xurdiu a eficacia da "instrución directa" e da sistematización desta. Pois ben, el deixa claro desde o principio que a instrución non se entende necesariamente como unha clase maxistral, e que pode incluír perfectamente experiencias de aprendizaxe activa ou incluso por descubrimento. Sempre que estea no contexto de un proceso sistemático de planificación e sobre todo de avaliación formativa. Teño que dicir que sego a ter os mesmos problemas nos colexios, pero polo menos, xa non me sinto coa necesidade de xustificar nada.
"Why do we speak of instruction rather than teaching? It is because we wish to describe all of the events that may have a direct effect on the learning of a human being, not just those set in motion by an individual who is a teacher. Of course, a teacher may play an essential role in the arrangement of any of these events. Or, as already mentioned, the learners may be able to manage may be considered as only one instructional events themselves."
Gagné, R. M., Briggs, L. J. (1974). Principles of Instructional Design. Holt, Rinehart & Winston