David G. Gándara

David G. Gándara

twitteryoutuberesearchgate mensaje en chino

gnu logo
fsf member
Login

Nel Noddings

2021-02-09


image

O aspecto humano da educación é moitas veces esquecido cando se fala do que se debe ou non se debe facer, ou de como hai que organizar as escolas. A contribución de Nel Noddings a este respecto é enorme. Vou escoller un par de cousas que me parecen moi importantes nas nosas escolas.
A primeira, o que nos temos alonxado das familias. Foron demasiadas as veces que escoitei: "as familias, canto máis lonxe, mellor". A segunda, esa excesiva preocupación polos saberes académicos, esquecendo que o fin da educación é o desenvolvemento como persoas, onde ese saberes son unha parte ben pequena. Este é un problema habitual na investigación sobre educación, cando busca que prácticas son mellores ou peores observando resultados principalmente académicos.
O que aprendín de esta autora, é que, aínda que pareza contradictorio, isto sucede por unha falta de dominio das áreas académicas por parte do profesorado. Isto conduce a unha inseguridade que leva a ese profesorado a amarrarse ó que coñece: á programación, ó libro de texto, ó que se supón que hai que facer, etc. E durante a clase, ten que ter a súa cabeza ocupada en todo momento nesas inseguridades, e non lle deixa tempo para preocuparse polas persoas.
"If the teacher does not know her subject matter very well, she cannot give her full attention to the students who are approaching it in a variety of ways"
Noddings, N. (1984). Caring, a feminine approach to ethics and moral education.University of California Press, Ltd.