David G. Gándara

David G. Gándara

RSS feedmastodonyoutuberesearchgate qiāng dǎ chū tóu niǎo

gnu logo
fsf member
Login

Jean Lave

2021-02-09


image

Na miña maneira de pensar sobre educación, algunhas cousas cambiaron moito co tempo. Pero hai unha en concreto que tiven clara desde o principio. O funcionamento dos docentes como equipo sempre é un elemento que mellora a calidade da educación.
Recentemente, descubrín que ninguén definiu mellor esta idea que Jean Lave (e Etienne Wenger). As súas "comunidades de práctica" explican perfectamente por que isto é así. As aprendizaxes non teñen sentido fóra do contexto no que se producen. Unha persoa non pode mellorar a calidade da educación na súa aula sen ter en conta o que sucede no resto do centro. Ademais, o seu traballo tamén vai a mellorar enriqucéndose coa diversidade de coñecementos que se da por natureza nos equipos de traballo. É necesario aproveitar o potencial de cada membro dos equipos e poñelo a traballar de maneira coordinada e colaborativa.
E o mesmo exactamente se aplica á aprendizaxe do alumnado nas aulas.
"The meaning of learning is configured through the process of becoming a full participant in a socio-cultural practice. This social process, includes, indeed it subsumes, the learning of knowledgeable skills"
Lave, J. and Wenger, E. (1991). Situated Learning. Legitimate peripheral participation. University of Cambridge Press.