David G. Gándara

David G. Gándara

RSS feedmastodonyoutuberesearchgate qiāng dǎ chū tóu niǎo

gnu logo
fsf member
Login

David Kolb

2021-02-09


image

Ademais do proxecto de orientación, como comentaba cando falaba do primeiro dos grandes, unha gran dificultade no primeiro traballo como orientador foi decidir como facer as avaliacións psicopedagóxicas. En concreto, pídese que se determine o "estilo de aprendizaxe". Aínda que lembraba vagamente algunha clase na universidade, este tema non entrara realmente nos contidos de ningunha asignatura. Así que me puxen a ler sobre o tema. Rápidamente descubrín unha tendencia moi extendida a definir os estilos "auditivo", "visual" e "kinestético". Pero ó ler libros e artigos de rigor, en lugar de blogs ou libros de divulgación, queda claro que esta definición non ten soporte científico ningún.
Despois de varios días buscando, dei co traballo de David Kolb, que foi a miña salvación. Tende unha ponte marabillosa entre o aprendizaxe experiencial (xa quedou clara a miña admiración por Dewey) e a definición de diferentes estilos de cada persoa con respecto ó seu "ciclo de aprendizaxe". É un encaixe totalmente lóxico dos estilos de cada un dependendo das etapas do proceso de aprendizaxe. Non reduce ó estilo de cada un a unha etiqueta, senón que establece un perfil único para cada persoa.
Grazas ó modelo de Kolb, conseguín dar coherencia á interpretación dos datos que tomaba para coñecer mellor ó alumnado. Pode haber outras maneiras, pero esta é a miña.
"Learning is the process whereby knowledge is created through the transformation of experience"
Kolb, D. A. (1984). Experiential learning: Experience as the source of learning and development (Vol. 1). Prentice-Hall.