David G. Gándara

David G. Gándara

RSS feedmastodonyoutuberesearchgate qiāng dǎ chū tóu niǎo

gnu logo
fsf member
Login

Iván Illich

2021-02-09


image

En case todos os colexios que traballei tratei de promover o xadrez entre o alumnado. Podedes pensar que sempre se apunta a xente que saca boas notas, ou que todos consideran moi capaces. Pero non sempre é así.
Un dos alumnos que acudiron á actividade de xadrez que conseguira poñer en marcha nos recreos do comedor empezou a amosar unha gran capacidade de análise e de toma de decisións prácticas no xogo. Eu non lle daba ningunha outra clase, así que non sabía cal era o seu perfil académico. El participaba comentando as xogadas cunha madurez e unha precisión moi aceptables para o seu nivel de xogo. Uns meses despois formamos un equipo para participar na liga autonómica. Abraiou a todo o mundo nunha partida na que tiña un só peón contra unha dama. É un final coñecido para os expertos, pero non para alguén que acaba de comezar. Porén, foi quen de razoar por si mesmo que había algunhas posibilidades de empatar. E empatou. A min pareceume algo excepcional.
Máis tarde descubrín que o alumno non era nada bo nos estudos. Suspendía habitualmente e incluso repetira algún curso. Non sei se logrou titular na ESO, pero pode ser que non. Algo pasa se a escola non logra desenvolver potenciais de este tipo.
"La mayoría de quienes leen profusamente y con placer tan sólo creen que aprendieron a hacerlo en la escuela; cuando se les discute esto, descartan fácilmente este espejismo."
Illich, I., & Espinoza, G. (1974). La sociedad desescolarizada. Barral Editores.