David G. Gándara

David G. Gándara

RSS feedmastodonyoutuberesearchgate qiāng dǎ chū tóu niǎo

gnu logo
fsf member
Login

John Hattie

2021-02-08


image

É complicado enumerar todas as importantes reflexións que xenera a lectura de "Visible Learning". Vou escoller un aspecto que me parece de especial transcendencia.
John Hattie formula, na súa obra, dunha maneira maxistral a interacción necesaria entre a investigación educativa e a reflexión teórica. Aínda que o traballo da súa vida é un faraónico metaanálise de estudos de investigación, todos eses pasan polo prisma dunha análise filosófica moi profunda, que permite unha marabillosa síntese das ensinanzas e conclusións que se poden sacar da evidencia científica.
Eu trato de trasladar isto á miña práctica de aula, mellorando pouco a pouco a maneira de recoller datos para que estes sexan da maior utilidade posible para extraer conclusións que permitan introducir cambios cara á mellora das aprendizaxes na aula. Pouco a pouco funme dando conta que as mellores ferramentas para isto son os diarios de aprendizaxe, os portafolios de evidencias e os rexistros anecdóticos de observacións de aula.
"those teachers who are students of their own impact are the teachers who are the most influential in raising students’ achievement."
Hattie, J. (2012). Visible learning for teachers: Maximizing impact on learning. Routledge.