2021-02-07
Non hai dúbida de que a lectura de "Frames of Mind" foi a que máis cambiou a miña maneira de entender a educación. Aínda que o libro ten moitos "haters", para min segue a ser unha referencia imprescindible. Serviume, sobre todo, na miña labor como orientador, onde o traballo principal é precisamente comprender o mellor posible a cada alumno e cada alumna.
Aínda que vivín moitos exemplos parecidos, lembro especialmente aquel neno que aínda que todos consideraban moi intelixente, nunca acababa de brilar totalmente en nada. Cando me tocou darlle clase, por un motivo ou por outro, foi o ano que lle tocou demostrar ese potencial moi fóra do habitual. Só uns días despois de explicarlle como resolver o cubo de Rubik, xa botaba carreiras con el para ver quen o facía máis rápido. Cunha sinxela explicación de como facer un cubo con origami, construiu un castelo digno de "Minecraft".
Na escola, habitualmente só damos a oportunidade de brilar realmente nun par de áreas (como poden ver os "haters", evito chamalas intelixencias), que é ás que adicamos case todo o tempo dispoñible. Moi tanxencialmente se permite un pouco de traballo no musical e no artístico, aínque que limitado a momentos moi puntuais. Pero case nunca exploramos as posibilidades visoespaciais, interpersoais ou intrapersoais.
"Current methods of assessing the intellect are not sufficiently well honed to allow assessment of an individual potentials or achievements in navigating the stars, mastering a foreign tongue, or composing with a computer."
Gardner, H., 1983. Frames of Mind: Theory of Multiple Intelligences. Basic Books
Volver al panel del #dibucedario2021