2021-02-07
"Se quixese podería aprobar todo, pero é da lei do mínimo esforzo". Durante os meus anos coma mestre oín esta frase moitísimas veces. Ou outras parecidas. Estou tan afeito a oíla que xa non me chama a atención. Pero en realidade reflicte algo moi grave. Un docente que é quen de ver o potencial nunha persoa, pero ante a imposibilidade de desenvolvelo, atribúeo ó alumnado.
Foi casualidade que a primeira vez que lin a "Pegagoxía do oprimido" foi naquela mesma pequena escola na que un alumno deixaba os exames en branco aínda que despois, nas súas conversacións amosaba unha abraiante capacidade de expresión e cultura. Na clase estaba case sempre despistado. Eu, influído polo resto do profesorado, xa non lle daba moita importancia, porque parecía pasarlle a todo o equipo. Pero nunha ocasión achegueime á súa mesa nun deses momentos nos que estaba tan despistado. Vin que agochaba algo no caixón da mesa. Quedei coa boca aberta cando vin que o que ocultaba era "Vinte mil leguas de viaxe submarina". Xa non sei se fun eu, ou quen foi, que conseguiu que un neno de aldea coñecese a Xulio Verne e que se enfrascara na súa lectura. Pola miña parte, nunca lle volvín a chamar a atención cando estaba despistado. O traballo estaba feito.
"Ensinar não é transferir conhecimento, mas criar as possibilidades para a sua própria produção ou a sua construção."
Freire, P. (1968). Pedagogía del oprimido.
Volver al panel del #dibucedario2021