
2021-02-05

Penso que quedou claro que o debuxo é unha das miñas pasións. Eu sempre tiven claro do importante que é que a arte forme parte da vida das persoas, e sempre intentei transmitir isto nas miñas clases. Durante moitos anos canseime de xustificar por que non adicaba más tempo á escritura ou ó cálculo. Busquei investigacións que demostrasen que coa arte tamén se podía mellorar nas outras disciplinas. Pero nunca atopei nada.
Afortunadamente, o que sí atopei foi o traballo de Ellen Winner. Lendo os seus traballos por fin comprendín que a arte na escola non se xustifica porque faga mellorar os resultados académicos en lingua e en matemáticas, senón pola arte en si mesma. O sentido estético, o pensamento visual, a capacidade de superación, e moitas outras habilidades fan que a razón para adicar máis tempo ás artes nas escolas, e polo propio valor da arte.
E isto mesmo pasa con outras cousas. Ante a tendencia da "educación baseada en evidencias" hai que ter coidado de en que consisten esas evidencias que se buscan. Se o que se busca para xustificar algunha metodoloxía é mellorar as cualificacións, ou os resultados PISA, a min non me interesa, non sei a vós.
"We do not need the arts in our schools to raise mathematical and verbal skills - we already target these inmath and language arts. We need the arts because in addition to introducing students to aesthetic appreciation, they teach other modes of thinking we value."
Winner, E. (1993). Exceptional Artistic Development: The Role of Visual Thinking. Journal of Aesthetic Education, 27(4), 31-44.
Hetland, L., Winner, E., Veenema, S., & Sheridan, K. M. (2015). Studio thinking 2: The real benefits of visual arts education. Teachers College Press.
Volver al panel del #dibucedario2021