2021-02-04
Despois de varios anos como titor de cursos baixos de primaria, por fin chegaba a sexto coa ilusión de que se pode profundizar máis nos temas, facendo todo máis interesante. Porén, enseguida me desanimei, esa profundización non daba chegado, e atopábame diante cunha mestura de "vagancia" e "dificultades de aprendizaxe". Así lle chamaba eu ás cousas por aquel tempo.
Ante esta circunstancia pensei que sería boa idea poñer en práctica o que lera anos atrás sobre a experiencia e a educación. Empecei a formular as tarefas da aula como experiencias de aprendizaxe: un laboratorio de experimentos, a redacción dun periódico, un estudio de cine, un obradoiro de animación por ordenador. Todo isto coa idea de que polo menos non se perdera o tempo, pero non tardaron en deixarme coa boca aberta. Decidiron facer unha película de zombies, e demostraron que ó teren un propósito claro e un contexto foron quen de mellorar a súa capacidade de redacción, de expresión oral, de organización da rodaxe... E isto foi só unha das experiencias de todo un curso escolar.
"it is a mistake to suppose that acquisition of skills in reading and figuring will automatically constitute preparation for their right and effective use under conditions very unlike those in which they were acquired. "
Dewey, J. (1938). Experience and Education. MacMillan.
Volver al panel del #dibucedario2021