Portada

De Aves e plantas de Ourense
Revisión feita o 23 de abril de 2019 ás 10:17 por David (Conversa | contribucións)
Debuxo para o proxecto #dibucedario

Este é un proxecto pensado para os colexios, onde se pode atopar información sinxela, pero fiable sobre as aves e as plantas que se poden ver con máis frecuencia na nosa provincia. Pretende servir de ferramenta para paseos co alumnado, no que se pode levar un caderno de campo onde recoller observacións que despois se contrastan nesta guía.

A idea naceu cando intentaba atopar guías en internet para o meu traballo na aula. Ou tiñan demasiada información, ou esta información era demasiado complicada, ou as fotografías non axudaban á identificación,... En fin, non eran prácticas. Así que decidín recoller a miña propia información. Agora decidinme a compartila, e ó mesmo tempo, invitar á xente a que a perfeccione.

Ademais de servir como guía, ó tratarse dunha wiki, pódese traballar co alumnado colaborativamente, en forma de proxecto, para enriquecer esta páxina. Aportando máis fotografías, debuxos, detalles interesantes, etc.

Aves

Índice de aves

Plantas