ARTIGOS ANTIGOS
Provincial Absoluto e sub-18
Provincial Absoluto e sub-18. O local de xogo será o mesmo que o ano pasado, na Asociación de Veciños "El Olimpo", na plaza 500 de Ourense(mapa). As datas de celebración serán: XXVI Aninovo Barrocás - I Manuel Villar In Memoriam O torneo de xadrez decano de Galicia chegará a súa XXVI edición. Cita que constituirá un rotundo homenaxe á memoria de Manuel Villar por parte de toda familia do xadrez ourensán. O torneo por categorías terá lugar o 26 de Decembro mentres que o Aberto Internacional dará comenzo o día 27 de Decembro prolongándose ata o 5 de Xaneiro. 18 de decembro, torneo Velero "sen enroque" O día 18 de decembro terá lugar este tradicional torneo, coa participación de importantes xogadores. Copa Deputación de Xadrez Rápido en Celanova. O Domingo día 4 de Decembro tivo lugar en Celanova a Copa Deputación por equipos 2010, evento que reuniu a 12 dos equipos máis destacados do panorama provincial e a 52 xadrecistas. Xadrez Ourense A, Liceo Academia Postal e Xadrez Ourense C foron os clubes que ocuparon o podio final na clasificación por equipos. Na clasificación individual Fernando Sánchez (Xadrez Ourense) en sénior, Martín Sabuz (Xadrez Ourense) en cadete, Martín Arellano (Xadrez Ourense) en Infantil, Adrián Gómez (Xadrez Ourense) en Alevín, Gabriel Roma (Xadrez Ourense) en Benxamín, Martín Gómez (Carmelitas Vedruna) en Promesas, foron os vencedores. Copa deputación de Xadrez Rápido en Celanova. O día 4 de decembro celebrarase a Copa Deputación de Xadrez Rápido, ás 16:00. O ritmo de xogo será 15+3. Haberá trofeos para os xogadores mellor clasificados de cada unha das seguintes categorías: absoluto, sub-16, sub-14, sub-12, sub-10 e sub-8. A clasificación por equipos farase sumando os tres xogadores mellor clasificados. Aínda que o mínimo de xogadores para inscribir un equipo é de catro, en caso de que un club só dispoña de tres xogadores poderá inscribirse igualmente. Non está permitido inscribir dous equipos se o clube dispón unicamente de seis xogadores, por exemplo. Os premios para os equipos consistirán nunha cesta de nadal. Outra cesta será sorteada entre os equipos participantes durante a entrega de trofeos Torneo de rápidas Galisenior 2010, Expourense, 20 de Novembro Tivo lugar en Expourense na matinal do Sábado día 20 de Novembro coa participación de 44 xóvenes xadrecistas. Marcos Fernández Criado (Xadrez Ourense), proclamouse campeón absoluto do torneo con 5,5 puntos sobre 6 posibles, Martín Freire e Carlos Jiménez (ambos de Xadrez Ourense), foron 1º e 2º en categoría Sub-16. Andrea Sabuz (Carmelitas Vedruna) impúxose en categoría Infantil por diante de Miguel Ferreiro (Xadrez Ourense), que rematou subcampeón Sub-14, en Sub-12 Alejandro Cervigni (Carmelitas Vedruna) e Carlos Martínez (Xadrez Ourense), foron campión e subcampeón, mentres que en sub-10 Martín Gómez (Carmelitas Vedruna) foi o vencedor por diante de Brais Martínez (Carmeitas Vedruna), que rematou subcampeón. Torneo Provincial de Xadrez Activo O 4 de decembro celebrarase no Pavillón de Deportes de Celanova o Torneo Provincial de Xadrez Activo (15+3). Premios para os primeiros clasificados por categorías, así como para os mellores equipos. En breve máis detalles. Iván Salgado campión, xunto co G.M. cubano Lázaro Bruzón, en Barcelona O Grande Mestre ourensán marchou líder durante boa parte do Torneo Maxistral celebrado no Casino da cidade de Barcelona, entre o 2 e o 14 de novembro. Finalmente conqueriu 7 puntos dos nove en liza, subiu máis de 20 puntos ELO, e completou unha actuación de 2814!. Unha vez máis, sensacional. Iván Salgado Líder a falta de unha rolda no Maxistral de Barcelona Está a disputarse, do 4 ao 12 de Novembro, no Casino da cidade condal o Maxistral cidade de Barcelona no que toman parte 10 Grandes Mestres de elite internacional. O G.M. Ourensán marcha líder con 6,5 puntos sobre 8 posibles, seguido de cerca do G.M. cubano Lázaro Bruzón. A xornada de mañá, que enfrontará ao ourensán co ruso E.Inarkiev será decisiva. Iván está realizando unha actuación de auténtico campión mundial cunha performance cercana aos 2900 ELO!. Iván Salgado viaxa a Nanjing, China como auxiliar do G.M. Topalov A apretada axenda do embaixador do xadrez provincial por todo o mundo segue a bo ritmo. Iván viaxou a China como auxiliar do G.M. Vasselin Topalov no importante evento de Grand Prix, onde se atopan 6 dos mellores xogadores do mundo. Esta experiencia resultará moi interesante para Iván de cara a súa progresión. III Festival Internacional Deporte-ciencia para a Xuventude O Domingo día 31 de Outubro tivo lugar en Expourense a 3ª edición deste masivo evento. Nesta ocasión o torneo albergou ademais a clausura do Circuito Galego Escolar 2010, sendo a 17ª proba puntuable. III Festival Internacional Deporte-ciencia para a Xuventude O Domingo, día 31 de outubro, terá lugar en Expourense a terceira edición deste evento. Nesta ocasión o torneo albergará a clausura do Circuito Galego Escolar 2010, sendo a 17ª proba puntuable. A organización xeral correrá a cargo de EXPOURENSE, a dirección do torneo corresponderá ao Club Xadrez Ourense, en estreita colaboración técnica co Club Xadrez Loureiro. Inscrición Aberta. Torneo Campus Universitario de Ourense(30 de outubro). Comeza a tempada de torneos co tradicional torneo do Campus de Ourense, organizado polo club de xadrez da Universidade. A hora de comezo será ás 16:30, na Ludoteca do edificio de ferro da Universidade. Haberá os seguintes premios: Excelente papel dos Ourensáns en Valladolid. 9/10/2010 Foron varios os xóvenes xadrecistas ourensáns desprazados a terras pucelanas para disputar a edición 2010 do popular torneo da Vendima. Martín Arellano proclamouse vencedor en categoría Infantil, mentres que Gabriel Roma conquistou a prata, compartindo o 1º posto, na categoría Benxamín. Pola súa parte David Gómez en sub-16, Adrián Gómez en sub-12 e Ángel Domínguez en sub-12, conquistaron os postos 6º,10º e 22º, respectivamente. Deixounos Manuel Villar, figura esencial para o xadrez ourensán nos últimos 25 anos.
Manuel Villar Fernández, organizador do torneo decano do xadrez provincial e autonómico, o Aberto Aninovo Barrocás, deixounos o 2 de outubro de 2010. A ampla familia do deporte-ciencia é consciente da enorme aportación de Villar a este deporte. Home que brindou unha inesgotable dose de esforzo persoal e desinteresado durante 25 anos, o cal se traduciu no bonito presente que vive o xadrez ourensán na actualidade. Numerosos xadrecistas importantes a nivel provincial e inlcluso figuras tan importantes como Iván Salgado, deron os primeiros pasos no torneo que Manuel Villar fundou e fixo medrar durante 25 anos. Persoa dunha grande talla humana, foi presidente dunha das Asociacións veciñais máis activas do panorama ourensán na actualidade e durante décadas, a Asociación de Veciños de Barrocás. Villar deixa unha contribución incalculable tanto no eido social como no deportivo, que sen dúbida constituirá un fermoso exemplo de loita e xenerosidade para vindeiras xeracións. Olimpiada de Xadrez en Khanty-Mansiysk. Do 19 de setembro ao 3 de outubro de 2010
Excelente actuación de España, quedando no posto 8º. O representante español no terceiro taboleiro foi o G.M. ourensán Iván Salgado, que gañou na última rolda ó forte xogador ruso, o G.M. Peter Svidler (2731). Foi o 7º mellor no terceiro taboleiro, obtendo 6.5 puntos de once posibles, e sen perder ningunha partida. Campionato Mundial Sub-20. (Chotowa Zcarna - Polonia) 3 ao 17 do 8.
O G.M. Ourensán Iván Salgado tomou parte nesta importante competición mundial na que partía como nº 5 do ránking. Iván rematou no 17º lugar tras un titubeante comenzo que arranxou lixeiramente tras rematar con 4 de 5 nas últimas xornadas. XII Memorial Carlos Alfredo - Celanova (Agosto 2010)
Unha nova edición do clásico aberto de semirrápidas organizado polo club de xadrez Celanova. O evento tivo lugar na Alameda da capital dos poetas o Sábado día 7 de Agosto coa participación de casi 70 xadrecistas. Un grande nivel presidiu esta edición 2010 do clásico torneo celanovense. Alexa Strikovic (A.Bóveda-Coruña), Fernando Sánchez (Xadrez Ourense) e Alejandro Hoffman (Chantada), foron os ocupantes do podio nesta edición. David Gómez (S16), Martín Arellano (S14), Adrián Gómez (S12) e Gabriel Roma (S10), todos eles do club Xadrez Ourense resultaron vencedores nas súas categorías. Campionatos de España Individuais 2010 - Linares (Jaen)
Ao longo do mes de xullo tiveron lugar os Campionatos de España Individuais de xadrez das diferentes categorías. Gabriel Roma (Xadrez Ourense), en Sub-10, acadou o 7º lugar con 6,5 puntos, nesta categoría tamén participou o ourensán Miguel Puga (Casa da Xuventude). En Sub-12 Adrián Gómez (Xadrez Ourense) acadou 5,5 puntos. Martín Arellano (Xadrez Ourense) obtivo 5,5 puntos en Sub-14. David Gómez, Samuel Cruz e Sergio Blázquez (Xadrez Ourense) remataron con 4,5 en categoría cadete. Fernando Sánchez, do Club Xadrez Ourense, viaxará a Tenerife en setembro para tomar parte en categoría Absoluta. II Aberto Internacional Carlos I (Sanxenxo)
A localidade pontevedresa de Sanxenxo acolleu dos días 19 a 27 de Xuño un open no que participaron ata 7 xadrecistas ourensáns. As mellores actuacións corresponderon a José Luis Fernández Saavedra (Xadrez Ourense), que con 5,5 puntos rematou nun excelente 16º lugar cunha actuación de 2253. Joaquín Bello (Liceo) e o xoven Sergio Blázquez (Xadrez Ourense), conseguiron 5 puntos e remataron empatados no 27º posto. IV Copa Galicia (Maristas-Ourense) - SÁBADO 5 DE XUÑO
Aínda que mostramos unicamente os primeiros clasificados de cada categoría, o número de participantes chegou a 300, estando 38 deles no ranking ELO da Federación Internacional. Resultados Maio Xove 2010
Armando de Sousa resultou vencedor nesta edición do Maio Xove, celebrada na casa da Xuventude. Armando obtuvo 5,5 puntos, quedando así por diante de Juan Carlos Negreira e Manuel Vidal, que terminaron ambos con 5 puntos. IV Copa Galicia (Maristas-Ourense) - SÁBADO 5 DE XUÑO
O vindeiro sábado, 5 de xuño terá lugar no pavillón polideportivo do Colexio Maristas de Ourense a cuarta edición da Copa Maristas Galicia de xadrez escolar. O evento forma parte do Circuito Galego e acollerá a 300 xóvenes xadrezcistas de toda Galicia. Resultados Maio Xove 2010
Armando de Sousa resultou vencedor nesta edición do Maio Xove, celebrada na casa da Xuventude. Armando obtuvo 5,5 puntos, quedando así por diante de Juan Carlos Negreira e Manuel Vidal, que terminaron ambos con 5 puntos. Maio Xove 2010 O
domingo 30, no
salón de actos da Casa da Xuventude a partir das 16:00. Premios
para as categorías sub10, sub12 e sub14, así coma os primeiros 15
da clasificación absoluta. Para
anotarse: zarracos@hotmail.com XXII
edición do Peón de Ouro - Mondariz (Pontevedra) Varios
xadrecistas ourensáns desprazáronse a terras pontevedresas para
tomar parte na edición 2010 do Peón de Ouro, un evento que reuniu
a 207 xóvenes xadrecistas e que foi a 3ª proba
puntuable do circuito galego escolar 2010. MAIS
INFORMACIÓN EN www.ajedrezmarcote.org IV
Copa Galicia (Maristas-Ourense) - Sábado 5 de Xuño-Circuito Galego
2010 O
vindeiro 5 de Xuño terá lugar no pavillón polideportivo do
Colexio Maristas de Ourense a cuarta edición da Copa Maristas
Galicia de xadrez escolar. O evento acollerá a 300 xóvenes
xadrecistas de toda Galicia na nosa cidade. Máis información sobre
o torneo en www.xadrezourense.com VIII
Aberto de Sta. Rita en Vilagarcía. 15-5-10 17
xóvenes xadrecistas ourensáns desprazáronse a terras
pontevedresas para disputar a presente edición do xa clásico
Aberto de Sta. Rita. David Gómez foi ouro en sub16, Martín
Arellano e David Vázquez ouro e bronce respectivamente
en sub14, Adrián Gómez ouro en sub12, Gabriel Roma
ouro en sub-10. Tamén hai que salientar a prata de Miguel Puga
(Casa da Xuventude) en s10 e o bronce de Martín Gómez
(Carmelitas Ourense) en sub8. Finalmente 4 ouros, 1 prata e 2
bronces para Ourense. Remata
a liga galega Pódense
ver os resultados dos equipos ourensanos en www.fegaxa.org XV
Olimpiada individual de Xadrez Escolar - Ourense 2010 O
Domingo día 9 de Maio disputouse no Liceo de Ourense a XV
edición da Olimpiada escolar individual nas súas categorías
sub-14, sub-12, sub-10 e sub-8 que reuniu a un total de 105 xóvenes
xadrecistas ourensáns. Martín Arellano (Xadrez Ourense),
proclamouse campión infantil, Ángel Domínguez (Casa da
Xuventude) impúxose en Alevíns, Gabriel Roma (Xadrez
Ourense) foi o vencedor en Benxamíns e Martín Gómez (Club
Xadrez Carmelitas) foi o campión Sub-8. Destacada
actuación dos xadrecistas ourensáns no Torneo da Guarda O
Sábado día 8 de Maio tivo lugar a décima edición do
Torneo Concello da Guarda na que participaron varios xadrecistas
ourensáns entre os 123 participantes totais. Hai que
salientar o triunfo en categoría Sub-16 de David Gómez (Xadrez
Ourense), así como a victoria de Martín Arellano (Xadrez
Ourense) en Sub-14. Dentro da categoría sub-10 destacou o
subcampionato de David Rodríguez (Xadrez Loureiro) e o
terceiro posto de Gabriel Roma (Xadrez Ourense). O
Xoves día 29 tivo lugar a fase final provincial escolar por equipos
2010 O
Xoves 29-4 disputouse na Residencia de Estudantes Florentino López
Cuevillas a fase final provincial escolar por equipos. Xadrez
Ourense Infantil representará a Ourense no vindeiro Cto. de
Galicia, mentres que Maristas Alevín e Xadrez Loureiro Alevín
Femino venceron nas súas respectivas categorías. Casa da
Xuventude foi o vencedor na categoría Benxamín. Entrevista ao
G.M. Iván Salgado en ESRADIO .
Click
aquí
Disputada
a 1ª fase da competición escolar por equipos Alevín e Benxamín O
Domingo día 25 de Abril tivo lugar no Liceo de Ourense a 1ª fase
da competición deportiva en idade escolar por equipos. Casa da
Xuventde e Carmelitas clasifícanse para a fase final provincial
en categoría Benxamín, mentres que Maristas Alevín Alfa,
Xadrez Ourense Alevín, Carmelitas Alevín e Xadrez Loureiro
Feminino pasan tamén á fase final en categoría Alevín. A
final provincial terá lugar o vindeiro Xoves día 29 de Abril a
partires das 17:30 horas nos locais da Xunta situados na céntrica
praza das Mercedes. Campeonatos
gallegos individuales
Gabriel Roma se proclama vencedor sub-10 con 8 puntos en 8 partidas,
por su parte
el jugador de Casa.da Xuventude Miguel Puga finalizó
subcampeón Gallego con 7 de 8, Mientras que Xiana García (Xadrez
Loureiro) consigió tambien la plata en la categoría femenina.
En Sub-12 Adrián Gómez consigue el Bronce mientras que Jacobo
Freire finaliza en un excelente 4º lugar, Andrea Sabuz
(Carmelitas Ourense) se proclama campeona gallega.
En Sub-16 David Gómez repite entorchado autonómico mientras
que Martín Arellano consigue el 4º lugar, Sergio y
Samuel finalizan tambien en los 10 primeros.
En categoría Senior Fernando Sánchez puso la guinda a un año
histórico consiguiendo el primer título gallego en categoría
absoluta para un club de Ourense. No hay que olvidarse del título
en veteranos del Liceista Joaquín Bello. GALERÍA
DE IMÁGENES CON SHÍROV GALERÍA
DE IMÁGENES DEL TORNEO Gran
participación ourensana en el Cto. de Galicia Individual, Padrón-10 El
Sábado 27 de Marzo dará comienzo el Cto. de Galicia individual en
categorías Sénior, Sub-16, Sub-12, Sub-10 y Sub-8. Más de 50
participantes ourensanos tomarán parte en esta importante prueba. Campeonato
de Europa Indvidual Absoluto (Rijeka 2010)
O G.M.
Ourensán Iván Salgado López marca un
fito histórico ao clasificarse para a fase final do
Campionato mundial abosluto tras rematar 9º no
campionato de Europa sénior disputado en Rijeka
(Croacia) e finalizado o Mércores día 17.. Iván
rematou empatado no 4º posto tras derrotar na última
rolda ao polaco Bartlomej Macieja (2625). Iván sube 13.7
puntos ELO tras realizar unha performance de 2685. Reseñas
en diarios de tirada estatal como El Pais e Marca, así
como amplas reportaxes en La Voz de Galicia e Faro de Vigo
Poden lerse nos rotativos do día 18-3, acerca do mellor
deportista ourensán da actualidade. Http://www.eurorijeka2010.com/home http://chess-results.com/Tnr29567.aspx?lan1
Campeonatos
Provinciais Sub-16, Sub-12, Sub-10 e Sub-8
Casi un
centenar de xóvenes xadrecistas acudiron o Domingo día
21 de Febreiro ós salóns da Asociación
Veciñal “Olimpo”, en xornada de mañá
e tarde, para disputar os Ctos. Provinciais Individuais
clasificatorios para os respectivos autonómicos de
categorías Sub-16, Sub-12, Sub-10 e Sub-8. David Gómez
Diéguez, Adrián Gómez Diéguez, Gabriel
Roma Barge e Iago Lorenzo Casas foron os respectivos
vencedores.
Torneo
Maxistral Internacional “Aeroflot”, Moscova (9 ao 17
de Febreiro) O G.M. Ourensán Iván
Salgado tomou parte nesta edición
2010 do popular torneo ruso, onde 80 Grandes Mestres se
deron cita. Iván partía como nº 55 do ránking
e remataba nun máis que meritorio 22º posto, o que o
catapulta ata os 2595 puntos de ránking Internacional.
Noraboa!
Campeonato
Galego Sub-18 e Sub-18. Pontedeume (do 13 ó16 do 2 –
2010) Ata 13 xóvenes xadrecistas
ourensáns desprazáronse
a terras do Eume entre os días 13 e 16 de Febreiro para
tomar parte nos Ctos. Galegos individuais S-18 e S-14. Xabier
Gómez da Peña Recreativa acadou a prata
en Sub-18, mentres que Martín Arellano (Xadrez Ourense)
tamén finalizou subcampión en Sub-14. VER
CLASIFICACIÓN SUB14
Campeonato
Zonal Sub-14 e Sub-18
O pasado 17
de Xaneiro disputouse na casa da Xuventude de Ourense o Cto.
Provincial para as categorías Sub-14 e Sub-18. En Infantil
David Vázquez resultou vencedor, por diante de
Adrián Gómez e de Martín Arellano, mentres
que en sub-18 David Gómez, Paula Mateo e Carmen
Gavilanes coparon o podio. Todos eles deportistas do Club
Xadrez Ourense
XXV
Aberto Internacional Aninovo Barrocás 2010
Oscar
Salgado López foi o claro dominador da 25 edición
do Aberto Internacional Aninovo Barrocás 2010. Un
evento que celebrou as suas vodas de prata cunha fenomenal
participación, ( 200 xadrecistas sumando o Torneo
por categorías disputado o día 26-12 mailo Open
Internacional ). No acto inaugural do día 27-12 o Concello
de Ourense quixo recoñecer a traxectoria de Iván
Salgado e fixo entrega dunha placa ao coñecido G.M.
Ourensán que realizou o saque de honra. O torneo contou coa
participación de 53 xadrecistas, 28 con elo FIDE e 40
con elo FEDA. Juan Carlos Negreira e Alejandro de León
completaron o podio Senior. David Gómez, Samuel Cruz e
Adrián Gómez fixeron o propio en Cadetes mentres
que Martín Arellano, Sergio Blázquez e David
Vázquez foron os mellores Xuveniles.
GALERÍA
DE IMAXES (Todos os xogadores)
GALERÍA
DE IMAXES (Clausura e entrega de premios)
GALERÍAS
DE IMAXES 25 EDICIÓN – Torneo de Categorías
(26-12) GALERÍA
DE IMAXES II “Durante” GALERÍA
DE IMAXES III “Vencedores” GALERÍA
DE IMAXES IV “Entrega de premios” En
breve máis imaxes da competición sénior
XXV
Aninovo Barrocás, Torneo por categorías. Sábado
26-12
O Sábado
26 de Decembro déronse cita 140 xóvenes xadrecistas
das 4 provincias galegas para disputar esta masiva 25ª
edición. Jorge Segura (Fontecarmoa Vilagarcía),
Ángel Domínguez (Casa da Xuventude), Adrián
Gómez (Xadrez Ourense) e David Gómez (Xadrez
Ourense) foron os vencedores das categorías, Sub-8,
Sub-10, Sub-12 e Sub-14 respectivamente.
Ver
Galerías de Imaxes na noticia superior
XV
Maratón de Xadrez por Parellas. Copa Deputación.
Tivo lugar
no Liceo de Ourense o pasado Domingo día 20 de Decembro.
coa participación de 18 parellas. Juan Carlos Negreira e
Andrea Sabuz foron os integrantes da parella gañadora.
Rafael
Sánchez o Campión Zonal Absoluto 2009
Nos locais
da A.V.V. “Olimpo”, tivo lugar o Cto. Zonal
Absoluto coa participación de 17 xadrecistas, moitos
deles con ránking internacional. Asimesmo o torneo foi
valedeiro para computo de ELOS fide e feda. O Torneo disputouse os
días 5,6,7 e 8 de Decembro,
coa victoria do xadrecista do
Club Xadrez Loureiro, Rafael Sánchez de León
Menéndez.
Campeonato
de Xadrez para Xóvenes MEGAXOVE 2009
70 xóvenes
xadrecitas tomaron parte na matinal do Martes día 8 de
Decembro nesta clásica cita por categorías, David
Gómez, Adrián Gómez, Miguel Puga e Gabriel
Roma resultaron vencedores de cada unha das catro categorías.
IVÁN
SALGADO SUBCAMPIÓN DO MUNDO
O xoven G.M.
Ourensán Iván Salgado López, proclamouse
subcampeón mundial Sub-18 no Cto. Disputado en Antalya
(Turquía) entre os días 11 e 23 de Novembro.
Iván non puido doblegar a férrea resistencia do
balcánico Sasha Martínovic na última rolda,
mentres que o Ruso Maxim Matlakov conseguía vencer
ao representante de Emiratos Árabes e conquistar 9 puntos,
medio máis que Iván. O xadrecista ourensán da
un novo paso cara adiante na súa traxectoria deportiva e
completa unha fenomenal actuación sin derrotas e cunha
importante fluctuación positiva de ELO
VER
CLASIFICACIÓNS COMPLETAS (www.feda.org
/ web oficial)
COPA
DEPUTACION DE XADREZ RÁPIDO – Ateneo de Ourense
7-11-09
Sesenta
participantes déronse cita no Ateneo Ourensán para
disputar a XV Copa Deputación de Xadrez Rápido
(10+3). Juan Carlos Negreira (Liceo Academia Postal), en
cat. Senior, David Gómez (Club Deportivo Xadrez
Ourense) en Cadetes, Adrián Gómez (Club
Deportivo Xadrez Ourense) en cat. Infantil e Miguel Puga
(Casa da Xuventude) en categoría Alevín, foron os
vencedores desta concurrida edición.
CAMPEONATO
DE EUROPA DE SELECCIÓNS NACIONAIS
España
ocupou 5º lugar empatada con Alemania. Tras unha épica
última rolda na que a punto estivemos de vencer a Rusia,
coa que final se empatou 2-2, unha Rusia que finalmente rematou
Subcampeona tras Azerbaiján, os gañadores. Nesta
derradeira rolda resultou decisiva a aportación do G.M.
Ourensán Iván Salgado López que venceu ao
cuarto taboleiro Ruso Alexeev (2725).
Ver
máis en www.chess-results.com
COPA
DEPUTACIÓN DE XADREZ RELÁMPAGO – Ateneo de
Ourense 25-10
Unha
cuarentena de xadrecistas disputaron o pasado Domingo día
25 de Outubro a edición 2009 da Copa Deputación
de partidas de 5 minutos. O G.M. Afincado en Ourense Alejandro
Hoffman foi o vencedor, seguido de Xabier Gómez
e de Martín Boado. En Categoría Cadete
impúxose David Gómez, en Infantiles Miguel
Puga e en Alevíns Angel Domínguez
AROUSA
XADREZ FESTIVAL (Auditorio de Vilagarcía, 24-10-09)
O 24 de
Outubro tivo lugar en Vilagarcía un importante seminario
arbitral ao cal acudiron David González e J.José
Arellano por Ourense. Paralelamente disputouse a 12ª e
última probla puntuable do Circuito Galego Escolar 2009 á
que acudiron numerosos xóvenes xadrecistas ourensáns.
Hai que facer mención ó Ouro de Martín
Arellano en Sub-14, ás pratas de Gabriel Roma
(S-10), Adrián Gómez (S-12) e Samuel Cruz
(S-16), ao Bronce de David Gómez en Sub-14 e ao
4º posto de Miguel Puga en S-10. Tamén se
entregaron os premios xerais do Circuito Escolar 2009, Onde Martín
Arellano foi o vencedor en S-14, Adrián Gómez
subcampión en S-12, David Gómez Subcampión
en S-14, e Gabriel Roma e Sergio Blázquez
foron bronces en S-10 e S-14 respectivamente. Asimesmo
entregáronse por parte da fegaxa sendas mencións
de honra a Expourense e ao Colexio Maristas pola
organización da 1ª e 3ª probas puntuables do
Circuito, que ademáis foron as dúas máis
participativas do Circuito 2009 con 392 e 280 participantes
respectivamente.
EN BREVE
MÁIS IMAXES DA CLAUSURA XERAL 2009
ABERTO DE RÁPIDAS
CAMPUS DE OURENSE – 2009
O
Sábado 17 de Outubro tivo lugar no Campus Universitario de
Ourense este clásico aberto de partidas rápidas
(15.min). Na categoría absoluta impúxose Martín
Rodríguez (Liceo), En universitarios resultou vencedor
Álvaro Suárez (Universitario), en Xuveniles
Breixo Gómez (C. Da Xuventude), en Cadetes David
Gómez (Xadrez Ourense) e en Infantiles David Vázquez
(Xadrez Ourense)
XIX ABERTO DE XADREZ ACTIVO
– GALLECIA 2009
Máis
de 40 participantes reuníronse no polideportivo da Casa da
Xuventude o Sábado día 10-10 para disputar este
clásico torneo de xadrez rápido. O M.F. vigués
Daniel Táboas foi o vencedor desta edición,
seguido do Santiagués Fernando Sánchez e do
Ourensán Breixo Gómez. O Título
Xuvenil foi para Breixo Gómez, o Cadete para Samuel
Cruz, o Infantil para Sergio Blázquez
VIII
TORNEO DE XADREZ ESCOLAR DE POIO (PONTEVEDRA)
O pasado
Sábado día 3 de Outubro, varios xóvenes
xadrecistas ourensáns desprazáronse a Poio
(Pontevedra) para disputar esta 10ª proba puntuable do
Circuito Galego 2009. Martín Arellano (Xadrez
Ourense) en Infantiles e Adrián Gómez (Xadrez
Ourense) en Alevíns acadaron os triunfos nas súas
categorías. Tamén hai que destacar a prata de Miguel
Puga (Casa da Xuventude) en Sub-10, así como os bronces
en Sub-16 de Samuel Cruz, de David Gómez en
Sub-14 e de Gabriel Roma en Sub-10.
VER
CLASIFICACIÓNS COMPLETAS (word)
GALICIA
CHESS FESTIVAL INTERNACIONAL - 2009
Os días
25,26 e 27 de Setembro tivo lugar en Ourense a 1ª
edición deste importante evento pertencente ao programa de
actividades do Xacabeo Galicia 2010. Perto de 300
participantes entre o torneo de Rápidas “I
Memorial Fernando Marcote” e o Torneo de Blitz “Xacobeo
2010” reuníronse no Pazo Paco Paz de Ourense
ao longo de 3 xornadas nas que tomaron parte 16 Grandes Mestres
(entre eles o ourensán Iván Salgado) e máis
de 30 titulados internacionais. O G.M. Peruano Julio Granda
impúxose no aberto de semirrápidas e o G.M. Vugar
Gashimov no open de Blitz. Cabe salientar que foron numerosos
os premios acadados polos xadrecistas ourensáns (ver
clasificacións)
EN BREVE
MÁIS IMAXES E VIDEOCLIPS
III
Aberto de Xadrez Concello de Valga – 26-09-2009
A terceira
edición deste aberto tivo lugar no concello pontevedrés
o 26 de Setembro. O Torneo foi valedeiro para o circuito galego
escolar e nel tomaron parte varios xóvenes ourensáns,
resultando o máis salientable o bronce de Gabriel Roma
en categoría Sub-10
Copa
Deputación por Equipos – Liceo de Ourense 20-9-09
Sete
equipos tomaron parte na presente edición da Copa Deputción
por equipos. O Liceo de Ourense foi o conxunto vencedor,
seguido polo Xadrez Ourense Xuvenil e polo Xadrez
Ourense Junior. Completaron o cuadro clasificatorio o Xadrez
Celanova, Xadrez Universitario, Xadrez Ourense Promesas e Xadrez
Loureiro
III
Aberto de Xadrez Concello de Vilanova - Circuito Escolar 09
Foron varios
os xóvenes ourensáns desplazados a Vilanova de
Arousa para tomar parte nesta oitava proba do Circuito Galego
Escolar 09. Sergio Blázquez (Xadrez Ourense)
conquistou a victoria na difícil categoría sub-14,
mentres que Adrián Gómez (Xadrez Ourense)
acadou a prata en categoría sub-12.
Aberto
Internacional "Alonso Leira" - Ferrol (Sub-20)
Disputado
entre o 25 e o 30 de Agosto coa participación de 3 xóvenes
xadrecistas ourensáns. Todos eles acadaron cuantiosos
premios. Cabe salientar a actuación de Samuel Cruz
(Xadrez Ourense) que rematou compartindo o segundo lugar. Xabier
Gómez (6º) e Sergio Blázquez (15º)
completaron a actuación ourensana entre máis de 40
xadrecistas
Aberto
Internacional Concello de Mondariz-Balenario Sub-2250
Ata 9
xadrecistas ourensáns desplazáronse a Mondariz entre
o 24 e o 31 de Agosto para disputar a presente edición
deste xa clásico evento por faixas de elo. Cabe salientar
os premios acadados por Armando de Sousa (Liceo) e
por David Gómez (Xadrez Ourense)
Xadrez
Vivente "Festa da Istoria" Ribadavia 2009
O pasado 29
de Agosto e dentro do programa de actividades da Festa da Istoria
de Ribadavia tivo lugar a xa clásica representación
de Xadrez vivente nun concurrido auditorio. Actividade que por
oitavo ano consecutivo organiza o Club Xadrez Ourense
Open
Internacional Cidade de Ferrol 09 - Circuito Galego 09
Disputado en
terras Ferrolás entre o 16 eo 23 de Agosto, contou coa
participación de 3 xóvenes ourensáns,
destacando as actuacións de David Gómez (+ 32
fide) e de Martín Arellano (+ 65 fide)
Aberto de
Xadrez Concello de Chantada 09 - Sub14 & Sub10
Doblete
Ourensán en terras lucenses no torneo disputado os días
18 e 19 de Agosto, en categoría Sub-14 Miguel Ferreiro
Díaz (Xadrez Ourense) fíxose coa victoria
mentres que en Sub-10 foi Miguel Puga Sánchez (Casa
da Xuventude) quen se fixo xo título final
Aberto
Internacional Albariño 2009 - Cambados - Circuito Galego
Ata 6
xadrecistas ourensáns tomaron parte na 2ª proba
puntuable do Circuito Galego 2009. O mellor clasificado entre os
ourensáns foi Antonio Villar Nieves, que rematou nun
destacado 9º lugar
IX Aberto
Xadrez Activo de Celanova - "Memorial Carlos Alfredo"
Máis
de 60 xadrecistas desprazáronse a terras celanovesas
para tomar parte na presente edición deste clásico
Aberto de Verán. Como novidades a súa vistosa
celebración ao ar libre na Alameda, así como a
división dos participantes entre Absolutos e Sub-14. Na
cat. Senior resultou vencedor Xavier Gómez mentres
que en cat. Infantil impúxose o vigués Manuel
Lorenzo
I Torneo
Escolar Concello de Rianxo - Circuito Galego Escolar 09
O 1 de Agosto tivo lugar esta
primeira edición do Torneor para xóvenes de Rianxo.
Entre a escuadra ourensá desprazada hai que destacar os
papeis xogados por Sergio Blázquez (Ouro Sub-14),
David Gómez (Bronce Sub-14), Gabriel Roma
(Bronce Sub-10) e Miguel Puga (4º Sub-10)
III
Torneo de Xadrez Activo - Algalia 09 - Santiago 1-8-09
O 1 de Agosto disputouse a 3ª
edición deste xa clásico torneo de semirrápidas.
Ata 6 xadrecistas ourensáns tomaron parte nesta cita,
destacando o 11º posto de Breixo Gómez e o 12º
de Armando de Sousa
Campionatos
de España Por Idades ( Granada 2009 )
Dende o 23
de Xuño ata finais de Xullo disputaronse en Granada os
Ctos. de España por Categorías. Cabe remarcar as
meritorias actuacións de Gabriel Roma (S-10), de
Jacobo Freire, J.Ignacio Cabanelas e Javier Rodríguez
(S-12) e de David Gómez, Martín Arellano e
Sergio Blázquez (S-14), acadando todos eles bloques
elo ou fluctuacións positivas. En Categoría Sub-18,
Iván Salgado non puido revalidar o título
nacional rematando finalmente no 3º posto, mentres que
Xavier Gómez rematou nun máis que convincente
16º lugar
XVIII
Aberto Internacional "CIDADE DAS
BURGAS 2009"
O Mércores
día 15 de Xullo rematou a presente edición do Aberto
Internacional Ciadade das Burgas 2009 que reuniu nesta edición
a perto dun centenar de xadrecistas e rematou coa victoria
do G.M. Búlgaro V. Petkov. Hai que facer
mención ás boas actuacións dos xadrecistas
ourensáns David Baltar, Diego Vidal, Armando de Sousa,
Daniel López e Breixo Gómez. A presente edición
desta xa clásico evento congregou ata 12 titulados
internacionais e a 62 xogadores con ránking
internacional nuha proba que chega con esta decimoitava
edición á súa maioría de idade
VER
AMPLA REPORTAXE (xentileza
www. tabladeflandes.com )
Triplete
Ourensán en Ribadumia - 6ª proba C. Galego Escolar 09
O Sábado 4 de Xullo tivo
lugar en Ribadumia a sexta proba puntuable do Circuito Galego
Escolar 09. Nesta ocasión Gabriel Roma (Sub-10),
Adrián Gómez (Sub-12) e David Gómez
(Sub-14) acadaron os respectivos ouros nas súas categorías.
Tamén destacaron as pratas de Miguel Puga e Sergio
Blázquez, o 4º posto de Martín Arellano
e o 5º lugar de Samuel Cruz
Iván
Salgado Campeón! no Internacional - Zafra 09
(rematado)
Cunha
performance de 2777 e con 7,5 puntos sobre 9, por diante de
15 G.M. (entre eles M.Adams e Cheparinov), Iván Salgado
conquista a victoria na 3ª edición do Internacional de
Zafra. Espectacular actuación do Ourensán e
importantísimos premios acadados, ¡noraboa!. En
breves horas partirá cara Turquía para
disputar a Liga de Div. de honra, ¡sorte!
Open
Internacional de Sanxenxo - Circuito Galego 09
Os
xadrecistas Ourensáns Óscar Salgado, Samuel
Cruz e Joaquín Bello disputaron en Sanxenxo
entre os días 20 e 28 de Xuño o Open Internacional
"Carlos I". Os ourensáns remataron nos postos
15º, 34º e 37º, respectivamente
Campeonato
de España por Autonomías - Ceuta 2009 -
Os xóvenes
S-14 ourensáns David Gómez Diéguez e
Sergio Blázquez Criado disputaron coa Selección
Galega o Cto. de España por Autonomías que do 22
ao 26 de Xuño se disputou en Ceuta.
VILAPOUCA
DE AGUIAR - V Open do Granito 2009
Unha ampla
representación ourensana tomou parte con éxito neste
clásico de semirrápidas disputado en Portugal o 21
de Xuño. Diego Vidal e Armando de Sousa
obtiveron o 2º e o 6º posto en Sénior, Breixo
Gómez foi campión en S-20, Daniel Fernández
bronce en S-14, Miguel Puga, Ángel Domínguez e
Raul Martínez coparon o podio S-10 e Beltrán
Sousa acadou o Ouro S-8. ¡Noraboa a todos eles!
Aberto
Escolar Mugardos 2009 - 5ª proba C. Galego Escolar 09
Varios
xóvenes ourensáns desplazáronse a terras
coruñesas o 20 de Xuño para disputar esta cita
puntuable para o Circuito Galego Escolar 09. Gabriel Roma
(Bronce Sub-10) e Martín Arellano (Bronce Sub-14)
foron os máis destacados dentro da expedición
ourensana.
Aberto
Escolar Monforte 2009 - 4ª proba C. Galego Escolar 09
Máis de 100
participantes déronse cita en Monforte (Lugo) o Sábado
día 13 de Xuño, nunha cita onde o xadrez ourensán
voltou a ocupar a vangarda en varias categorías. Os ouros
de Martín Arellano (S-14) e Beltrán Sousa
(S-8), a prata de Dávid Gómez(
S-14) e os bronces de Sergio Blázquez (S-14)
e de Adrián Gómez (S-12), o máis
salientable dentro do amplo botín de premios que se viñeron
cara Ourense
VER
GALERÍA DE IMAXES DO TORNEO
III Copa
Galicia de Xadrez Escolar - Maristas Ourense 2009
270
participantes déronse cita o día 6 de Xuño
no Colexio Maristas de Ourense para disputar a III Edición
da Copa Galicia de Xadrez Escolar. Jorge Segura
(Vilagarcía), Alberto Portela (E.X.Pontevedra),
Julio Suárez (Vilagarcía), Andrés
Varela (Vilagarcía) e Samuel Villar (Univ. de
Vigo) foron os gañadores das 5 categorías. As Pratas
de Martín Arellano e Adrián Gómez e os
bronces de Beltrán Sousa, Gabriel Roma e Samuel Cruz,
principal colleita para os ourensáns.
Doblete
Ourensán nos Ctos de Galicia por equipos 2009 - Infantil
O Club Xadrez Celanova en
Infantil Feminino mailo Club Xadrez Ourense en Infantil
Mixto conquistaron o Cto. Galego por equipos (Cat. Infantil)
disputado no Liceo de Ourense os días 30 e 31 de Maio.
Nesta clásica cita anual participaron os equipos
representantes das catro provincias galegas.
XXI Peón
de Ouro Individual 2009 - Mondariz-Balneario
Excelente
papel dos represantantes ourensáns nesta edición
09, que remataron 312 participantes de toda a península.
David Gómez acadou Ouro en Sub-14, Gabriel Roma
e Daniel López sendas pratas en Sub-10 e Sub-20
respectivamente e un 5º lugar para Martín Arellano
en Sub-14, resultados máis destacables entre os 14
ourensáns desprazados.
Vodas de
prata do clásico de semirrápidas "
Maio Xove "
O día
das Letras Galegas tivo lugar o clásico "Maio
Xove - 09". Todos os participantes tiveron como obsequio un
libro de xadrez. Alejandro Arias,
Joaquín Bello e José
Antonio Álvarez completaron o podio.
Aberto
de Santa Rita - Vilagarcía de Arousa ( 16 de Maio )
Nova cita do Circuito Galego
Escolar 09. O Ouro de Martín Arellano (S14) Bronces
para Miguel Puga (S10) e David Gómez
(S14), mailo 5º posto de Sergio García (S12), o
principal botín dos ourensáns.
II
Festival Internacional de Xadrez para xóvenes, Expourense -
09
O Domingo 10 de Maio tivo lugar no
recinto feiral de Expourense a 2ª edición deste masivo
evento xadrecístico. 388 participantes de ata 3 países,
reuníronse en Ourense nesta primeira cita puntuable do
Circuito Galego Escolar 2009. O evento incluiu unha exhibición
cronometrada do G.M. Iván Salgado que se enfrentou
simultánemente ós 4 vencedores. Luis Rodrigues
(Portugal) en Sub-8, Alberto Portela (Pontevedra) en
Sub-10, Lucas Abal (Vilagarcía) en Sub-12, David
Gómez (Ourense) en Sub-14 e Miguel Gallego
(Pontevedra) en Sub18&Sub-16 foron os campeóns dun
evento que por número de participantes (catro
centenares), e pola calidade e cantidade dos premios
(máis de 6500 euros en premios) se sitúa na
vanguarda do panorama peninsular.
GALERÍA
DE IMAXES PARTICIPANTES PREMIADOS
GALERÍA
DE IMAXES IV - (Xeral Torneo)
GALERÍA
EXHIBICIÓN G.M. Iván Salgado
PROXIMAMENTE
Videoclips
do Torneo
Reportaxes:
www.tabladeflandes.com
www.ajedrezenmadrid.com
www.fegaxa.org
www.xadrezamigos.blogspot.com
O
Xoves 7 de Maio, tiveron lugar as finais escolares por equipos 09
Celebráronse no Liceo de
Ourense coa organización do Club xadrez Casa da Xuventude.
Déronse cita 13 equipos de toda a provincia. O Club
Xadrez Ourense en Infantil Mixto, O Club Xadrez Celanova en
Infantil Feminino, Colexio Maristas en Alevín Mixto
e Club Xadrez Loureiro en categoría
Alevín Feminino foron as escuadras vencedoras.
VER
CLASIFIACIÓNS COMPLETAS
(remitidas a esta web o 11-5)
REMATOU
A LIGA GALEGA 2009 EN TODAS AS CATEGORÍAS
Despois de 4 meses de intensa
competición finalizou a liga Galega-09 en todas as súas
divisións. Xadrez Ourense Senior (a div. de honra),
Xadrez Ourense Junior e Xadrez Ourense Xuvenil (a 1ª
división) e Xadrez Ourense Promesas e Franouren
Loureiro "B" (a 2ª división), son os
equipos ascendidos. Como contrapartida Liceo A.Postal, Xadrez
Celanova e Liceo "B" perden a categoría, Div. de
Honra, Primeira e Segunda, respectivamente.
CLASIFICACIÓNS
COMPLETAS (Equipos Ourensáns)
GALERÍA
DE IMAXES EQUIPOS ASCENDIDOS
2ª
Fase do Cto. Escolar por Centros en categoría Alevín-09
O Domingo 26 de Abri tivo lugar a
2ª fase da competición en categoría Alevín,
na que participaron 8 centros, os dous conxuntos clasificados para
a final do día 7 de maio serán Maristas Alevín
e Xadrez Ourense Alevín. Na mesma data disputaranse as
fanais Infantís e femininas.
CLASIFICACIÓN
FASE INTERMEDIA ALEVÍN
1ª
Fase do Campeonato Escolar por Centros - 2009
O Domingo 19 de Abril tivo lugar
na Casa da Xuventude a primeira fase do Cto. Escolar por Centros
2009 coa participación de un centenar de xóvenes e
22 equipos representantes dos diferentes Centros de Ourense.
En Categoría Benxamín Maristas rematou campeón
seguido de Carmelitas e A Anexa. En Alevíns o vindeiro
26-4-09 terá lugar a 2ª fase (ver clasificados),
mentres que en Infantiles Xadrez Ourense "A" e Maristas
Infantil disputarán a fase final do día 7-5-09
Excelente
actuación de Oscar Salgado no Aberto de Mondariz 09
O Xadrecista
do Club Xadrez Ourense, Oscar Salgado López (2214),
tomou parte no Aberto Sub-2250 celebrado en Mondariz durante a
pasada S.Santa. Oscar
acadou o subcampeonato final, posto que lle reportou 1200€
de premio ademáis de subir varios puntos ELO
Ctos.
Galegos Individuais Senior, S-16, S-12, S-10 e S-8 - Padrón
09
44 xadrecistas Ourensáns
desprazáronse durante a pasada S.Santa a Padrón para
disputar os ctos. autonómicos individuais. O máis
reseñable foi o Bronce de Gabriel Roma Barge en
S-10, o 5º lugar de Adrián Gomez Diéguez
en S-12, así como o subcampionato na categoría de
veteráns acadado por Joaquín Bello Filgueira.
Xadrez Ourense (25), Casa da Xuventude (11), Carmelitas-Vedruna
(4), Antón Failde (2), Liceo (1) e Loureiro (1) foron os
clubes representados.
I
Torneo de Xadrez Colexio Luis Vives de Ourense (2-4-09)
O pasado
Xoves día 2 de Abril tivo lugar a primeria edición
do Torneo de Xadrez para xóvenes "Luis Vives"
de Ourense. En Cat. Sub-12 proclamouse venceodor J.José
do Olmo mentres que en Sub-14 Brais González
resultou o gañador.
XIV
Olimpiada de Xadrez Escolar Sub-8, Sub-10, Sub-12 e Sub-14
O Domingo 29 de Marzo 125
xóvenes xadrecistas déronse cita nos salóns
do Liceo de Ourense para participar na presente edición da
Olimpiada Escolar. Roberto González (Anexa) en
Sub-8, Gabriel Roma (Maristas) en Sub-10, Adrián
Gómez (Carmelitas) en Sub-12 e Luis Ruiz
(Maristas) en Sub-14 foron os vencedores desta XIV edición.
VER
CLASIFICACIÓN SUB-14 / SUB-12
VER
CLASIFICACIÓN SUB-10 / SUB-8
Faleceu o coñecido
xadrecista ourensán Cecilio Brea Lago, Descanse en Paz
O coñecido
xadrecista ourensán Cecilio Antonio Brea Lago, faleceu o
Martes día 17 de Marzo. O que foi durante moitos anos
membro do Clube Xadrez Celanova e nas últimas tempadas
xogador do Clube Xadrez Loureiro foi sempre continuo exemplo de
deportividade, corrección e cordialidade. Descanse en Paz
II
Memorial Juan Carlos Parente - Ateneo de Ourense (15-3-09)
Disputouse a
II edición do Memorial Juan Carlos Parente, o
vencedor desta edición foi A. de Sousa (Liceo) secundado
por J.Miguel Conde (Xadrez Ourense), completou ou podio o Liceista
Joaquín Bello, participaron nesta edición máis
dunha vintena de xogadores.
EN
BREVE MÁIS INFORMACIÓN
Campeonato
Provincial Sub-16, Disputado en Caixa Galicia (8-3-09)
26 participantes déronse
cita nesta edición do clasificatorio para o autonómico
sub-16 en Caixa Galicia o pasado Domingo día 8 de Marzo. O
triunfo final foi para David Gómez con 5,5 puntos,
seguido por Martín Arellano que acadou a prata con 5
puntos. O Bronce foi para Juan José Gil, todos eles
do Club Xadrez Ourense
O
G.M. Iván Salgado comenza con paso firme en Capelle
(Francia)
O Xoven G.M. Iván
Salgado cumple os pronósticos iniciais e comenza
convencendo en Capelle la Grande, tras superar en primeira
rolda ó M.I. marroquino Karim Ismael (2407) e na 2ª ó
M.I. filipino Salvador Roland (2476). En terceira rolda o ourensán
enfrontarase ó G.M. Ucraíno V. Zurchenko (2527)
Doblete
Ourensán nos Campeonatos Galegos Sub-18 e Sub-14
Os xadrecistas ourensáns
Xabier Gómez Domínguez e David Gómez
Diéguez son os novos campeóns galegos
individuais Sub-18 e Sub-14 respectivamente. Ata 12 ourensáns
participaron nesta importante cita de Mondariz que tivo lugar os
pasados 21,22,23 e 24 de Febreiro, onde tamén hai que
salientar o bronce S-14 de Sergio Blázquez, o 4º
lugar S-14 de Martín Arellano e o 5º posto de
Javier Martínez en Sub-18
Adrián
Gómez e Gabriel Roma campeóns provinciais S12 e S10
O Domingo 1 de Febreiro tiveron
lugar os Ctos. provinciais Sub12 e Sub-10 que contaron coa
participación de máis de 50 participantes. Adrián
Gómez, Andrés Freijeiro e J.Ignacio Cabanelas
coparon o podio Sub-12 mentres que Gabriel Roma, Miguel Puga e
Brais Gerpe foron os 3 primeiros en sub-10, pola súa
banda Roberto González foi o mellor clasificado en
categoría sub-8.
Iván
Salgado rematou en 5º lugar no Aberto Internacional de
Sevilla
O Xoven Gran Mestre ourensán
Iván Salgado rematou nun meritorio quinto lugar no
forte Torneo Internacional "XXXIV Cidade de Sevilla",
Malia súa derrota na 5ª rolda soubo recuperarse
vencendo, entre outros, con pezas negras ó G.M. Serbio A.
Strikovik e asinando un ampate na última rolda fronte ó
G.M. Canadiense Kevin Spragett. Iván acadou ademáis
o premio de beleza do certame.
Daniel
López e Martín Arellano campeóns zonais S18 e
S14 - 2009
O Domingo 18
de Xaneiro rematou o Cto. Provincial en categorías Sub-18 e
Sub-14. Daniel López Garrido e Martín
Arellano Pardo, serán, entre outros, representantes
ourensáns na vindeira cita autonómica Sub18 e Sub14
en Febreiro.
Iván
Salgado no Telediario de RTVE o Domingo día 11 de Xaneiro
O Xoven G.M. Ourensán Iván
Salgado foi entrevistado para o telediario da 1 de Rtve
no marco dunha reportaxe adicada ó pasado e ó
presente do xadrez español, basada na figura de Arturo
Pomar, "Arturito"
VER
ENLACE (avanzar a min. 25)
XXIV
Aberto Internacional de Xadrez Aninovo Barrocás
Oscar
Salgado López (Club Xadrez Ourense) fíxose co
máximo título nesta XXIV Edición. Daniel
López Garrido, Agna Solange Videira e Samuel Cruz,
resultaron vencedores Sub-2000, Xuvenil e Cadete
respectivamente. O Luns día 5 tivo lugar clásica
cerimonia de entrega de premios e clausura deste XXIV Aberto
Aninovo-Barrocás, onde tomaron parte 58 xadrecistas
(27 deles con ránking internacional e máis de
40 con ránking nacional).
GALERÍA
DE IMAXES DA ENTREGA DE PREMIOS
GALERÍA
DE IMAXES "A outra ollada"
XXIV
Aberto Internacional de Xadrez Aninovo Barrocás
Máis de 140 xóvenes
deportistas déronse cita na 24ª edición do
Aberto Internacional de Xadrez Aninovo Barrocás disputado o
Sábado día 27 de Decembro nos salóns da
A.A.V.V. de Barrocás. Os vencedores desta edición
foron Gabriel Roma (Sub-8), Adrián Gómez
(Sub-10), Lucas Abal (Sub-12) e Samuel Cruz
(Sub-14) foron os campeóns.
CLASIFICACIÓNS
COMPLETAS - TODAS AS CATEGORÍAS
GALERÍA
DE IMAXES DA ENTREGA DE PREMIOS
O xoven Gran
Mestre Ourensán Iván Salgado López
está a disputar o Masters de Pamplona, destacadísimo
evento de cat. XVI, polo momento hai que salientar os seus empates
fronte a xadrecistas da talla de F.Caruana (2640),
K.Shaiskirian (2694), Michael Roiz (2677), Alexander
Delchev (2632).
XIV
Maratón de Xadrez por Parellas - Copa Deputación
2008
O Sábado día 20 de
Decembro tivo lugar a clásica Maratón de Parellas no
salón noble do Liceo de Ourense. 27 parellas déronse
cita neste tradicional torneo de rápidas. David Gómez
e David Vázquez, ambos do Xadrez Ourense,
remataron en 1º Lugar.
Iván
Salgado mellor deportista ourensán absoluto - Gala + Dep.
08
Nun multitudinario acto celebrado
na noite do Mércores día 17 de Decembro no Auditorio
de Ourense, Iván Salgado foi designado polo xurado
do "+ Deporte", como mellor deportista ourensán
absoluto do ano 2008. O G.M. Ourensán recibiu o premio
de mans do alcalde Francisco Rodríguez.
Campeonato
zonal Absoluto de Ourense 2008
Joaquín
Bello revalida o título zonal absoluto tras a súa
victoria na derradeira rolda fronte ó Celanovés
J.Luis Casal. Jesús Miguel Conde finalizou en
segundo lugar e completou o Podio Armando Da Sousa. O
torneo foi organizado polo Clube de Xadrez Universitario de
Ourense e foi válido para ránking FEDA e
FIDE. Tomaron parte máis dunha trintena de
participantes dos diferentes clubes da provincia.
VER
CUADRO INFORMATIVO COMPLETO
VII
Open de Xadrez para Xóvenes por idades - "MEGAXOVE
2008"
Máis de 60 xóvenes
xadrecistas déronse cita nesta edición do clásico
de semirrápidas "Megaxove 08", disputado en
Expourense o pasado Luns 8 de Decembro. Javier Martínez
foi o gañador da xeral e ademáis do premio
sub-16, Samuel Cruz dominou en sub-14, Martín
Arellano en Sub-12, Jacobo Freire en Sub-10 e Miguel
Puga en Sub-8
VII
Cto. Internacional Peón de Ouro por equipos - Mondariz 2008
24 ourensáns de 6 equipos e
2 clubes, participaron os días 29 e 30 de Novembro en
Mondariz no "VII Peón Ouro por equipos". Xadrez
Ourense Benxamín Alfa e Xadrez Ourense
Infantil acadaron medalla de prata nas súas categorías,
Xadrez Ourense Alevín fixo bronce. O Clube ourensán
recibiu o premio á institución máis
galardonada dun evento con máis de 200 xadrecistas e 52
equipos. No plano individual destacou Adrián
Gómez Diéguez que acadou un 100% sobre 7
partidas
Copa
Deputación de Xadrez Rápido 2008 - Ateneo de Ourense
O pasado
Sábado día 29 de Novembro tivo lugar a C. Deputación
de Xadrez rápido - 08. Alejandro de León
(Xadrez Ourense) foi o vencedor con 7,5 sobre 8 puntos posibles.
Cecilio Brea (Loureiro) e Lino Hermida
(Universitario) completaron o podio
EN
BREVE CLASIFICACIÓNS COMPLETAS
Simultáneas
do Campeón de Europa, Sergei Tiviakov en Ourense
O holandés
Sergei Tiviakov (2686), disputou unha exhibición
ante unha selección de 20 xadrecistas ourensáns o
Domingo día 23, na sede da obra social Caixa Galicia,
actividade organizada polo Clube Xadrez Ourense en colaboración
con Xadrez Galego de Vigo. Gustavo Hernández (Ateneo)
conqueriu o único empate, tamén destacaron as
partidas de J.Losada, F.Patiño, S.Cruz e D.Tavares.
VER
ARTIGO NA WEB OFICIAL DE CHESSBASE
Cto.
España de Veteráns. Joaquín Bello participou
nesta edición 09
O xadrecista
ourensán Joaquín Bello estivo en Sabadell
entre o 17 e o 23 de Novembro disputando o cto. de España
de veteráns. O xogador liceista foi o representante de
Galicia na presente edición.
Copa
Deputación de Clubs 2008 - Ateneo de Ourense
O Ateneo ourensán foi
escenario da XIV Copa Deputación de Clubs, coa
participación de 10 Clubs de toda a provincia, resultou
vencedor "Xadrez Ourense Senior", a prata
foi para o Liceo-Academia Postal "A", e o bronce
acadouno o xoven conxunto do Xadrez Ourense Promesas
Aberto
de Xadrez para Xóvenes "Galisenior 08" -
Expourense 08
Máis de 70 xóvenes
ourensáns reuníronse o pasado Sábado día
15 de Novembro no recinto feiral de expourense para disputar esta
3ª cita deste torneo de partidas rápidas para
xóvenes. Hai que salientar a victoria xeral e tamén
sub-16 de Javier Martínez Vecillas, o ouro sub-14 de
David Gómez, o título alevín de Martín
Arellano e o triunfo en sub-10 de Adrián Gómez
Rematou
o III Circuito Galego Escolar 2008 tras 6 meses de torneos
Foron moi numerosos os ourensáns
que participaron nos 10 eventos desta 3ª edición, dous
deles disputados en Ourense (I Festival Internacional e Copa
Galicia-Maristas), destacando nas clasificacións finais
xerais o subcampeonato acadado por Martín Arellano
en Sub-12 e o 3º lugar do ainda Sub-8 Gabriel Roma, en
categoría Sub-10
II
Aberto Internacional Vila Aberto de Valga (Pontevedra) - 2008
O pasado
Sábado día 8 de Novembro tivo lugar esta importante
cita con ampla representación ourensá. Hai que
Salientar o bronce senior de Martín Boado, así
como a victoria en Sub-12 de Martín Arellano,
ademáis dos 4º e 5º postos de Gabriel Roma
e Adrián Gómez en Sub-10. Gabriel Roma
Barge foi o gañador tamén na categoría
Sub-8.
IV
Memorial Clemente Jiménez Aisa - 2008
Disputado no
Liceo de Ourense O Domingo 26 de Outubro e coa concurrencia de
casi un centenar de participantes de todos os clubes da provincia,
tivo lugar a 4ª edición deste xa clásico
Memorial de xadrez activo. Oscar Salgado (Senior), Javier
Martínez (Cadetes), David Gómez (Sub-14)
e Martín Arellano en Sub-12 foron os 4 vencedores
desta multitudinaria cita.
Aberto
de Xadrez Activo "Campus de Ourense - 2008"
Disputado no
Campus Ourensán o pasado Sábado día 25 de
Outubro, hai que salientar a victoria de Oscar Salgado e o
subcampionato acadado por Javier Varasa. No referente á
clasificación universitaria alzouse co triunfo final Aarón
Ferreiro Mera da facultade de C. Empresariais.
EN BREVE
MAIOR INFORMACIÓN
Manuel
Villar recibe a insignia de oureo da cidade de Ourense
O alcalde da cidade,
Francisco Rodríguez, entrega a Manuel Villar a
insignia de ouro da cidade pola súa traxectoria persoal nun
emotivo activo que tivo lugar no Auditorio de Ourense o
Martes 21 de Outubro, no marco da gala anual promovida pola
Federación Limiar e as máximas institucións
ourensás.
Copa
Deputación de Xadrez Activo 2008 - Ateneo de Ourense
Medio
centenar de xadrecistas tomaron parte nesta edición da
C.Deputación de xadrez Activo organizada polo Club.
Gonkafé-Loureiro. Destacables triunfos de Armando de
Sousa (Senior), Javier Martínez (S16), Samuel
Cruz (S14) e de Sandra Bugallo (S12).
GALERIA
DE IMAXES PREMIOS E SORTEOS
Torneo
Escolar "Centro Comercial A Barca" Poio, (Pontevedra)
Malia a
discreta actuación dos nosos 16 xadrecistas, hai que facer
mención ó 4º posto de Miguel Puga
(s-10), e ós quintos postos de Gabriel Roma (s-10),
Martín Arellano (s-12) e David Gómez
(s-14).
XVIII
Aberto de Xadrez Activo - Gallaecia 2008 (C. da Xuventude)
Nova edición
do clásico torneo de semirrápidas "Gallaecia",
cita na que cabe salientar os triunfos de Martín Boado
en Senior, de Xavier Gómez en Xuvenil e tamén
en cat. cadete, de Samuel Villar en Infantil e de David
Vázquez en Alevíns.
Cto.de
Europa Individual Sub-18 - Herceg Novi (Montenegro)
O ourensán
Iván Salgado reamatou en séptimo lugar nesta
importante cita onde hai que salientar o título acadado por
o xadrecista catalán Xavier Vila e o bronce do
asturiano David Recuero.
Circuito
Galego Escolar 08 - Últimos torneos (Vilanova e Vilagarcía)
Os Sábados 13 e 20 de
Setembro disputáronse dous novos torneos do Circuito
Galego Escolar nos que participaron varios xóvenes
ourensáns. En Vilanova destacamos o Bronce de M.Arellano
en S-12 e a Prata de D.Gómez en S14 mentres que en
Vilagarcía merecen mención os subcampionatos de
G.Roma en S-10 e de S.Blázquez en S-14.
Abertos
de Verán - Circuito Galego de Xadrez 2008
Varios foron os xadrecistas
ourensáns que tomaron parte en diferentes torneos ó
longo dos meses estivais. No Aberto "Peregrina"
(Pontevedra) hai que salientar a actuación de Martín
Arellano, no Memorial "Alonso Leira" (Ferrol)
incidir na boa actuación de Xavier Gómez e no
recente Open "Concello de Mondariz" de cat. sub-2150
salientar as actuacións novamente de Xavier Gómez
e de Joaquín Bello.
Clasificación
"Virxe Peregrina - Pontevedra"
Clasificación
"Memorial Alonso Leira - Ferrol"
Clasificación
"Concello de Mondariz sub-2150"
Aberto
de Xadrez Activo "Memorial Carlos Alfredo" Celanova 2008
Os días 9 e 10 de Agosto
tivo lugar na vila de Celanova a edición 2008 do clásico
Memorial Carlos Alfredo, organizado polo Clube Xadrez
Celanova, con importantes premios e coa participación
de 42 xadrecistas, máis de 20 deles con ránking
internacional. A victora nesta edición foi para o
xadrecista galego afincado nas illas canarias, Fernando Sánchez
Aller.
Campeonatos
de España Individuais por idades - 2008
Ata 15
xóvenes ourensáns participaron nos pasados
Ctos. de España individuais disputados en Padrón
ó longo do mes de Xullo. Hai que salientar o novo título
nacional obtido por Iván Salgado en cat. S-18.
Xavier Gómez, Daniel López, Javier Martínez
e Luis Roma tomaron parte en S-16, mentres que Samuel
Cruz, David Gómez e Sergio Blázquez o fixeron en
cat. Sub-14. Dentro dos máis xóvenes salientar as
participacións de Martín Arellano, J.Ignacio
Cabanelas e David Gómez en S-12, as de Gabriel
Roma, Jacobo J. Freire e Adrián Gómez en Sub-10,
así como a de Gabriel Roma e Miguel Puga en cat.
sub-8 disputada en Motril (Granada) o pasado mes de Xuño.
XXVIII
Edición do Aberto Internacional "Villa de Benasque"
- 2008
O G.M.
Ourensán Iván Salgado tomou parte nesta
importante cita internacional onde rematou empatado no 9º
lugar con 7,5 puntos nun evento que reuniu a perto de 40
G.Ms. e a máis de 500 xadrecistas de máis de 50
paises.
Entre os días 3 e 11 de
Xullo tivo lugar na Casa da Xuventude de Ourense a XVII
edición deste clásico Aberto Internacional, que
reuniu na nosa cidade a máis de 120 xadrecistas. O M.I.
Cubano Isam Ortiz foi o vencedor desta edición,
mentres que David Baltar foi o mellor ourensán
clasificado con 6 puntos.
II
Memorial Xosé Enrique Rodríguez Peña -
2008
Disputado no
Auditorio de Ourense os días 3 e 4 de Xullo e coa
participación de 6 seleccións, homenaxeouse un ano
máis á figura de X.Henrique Rodríguez
Peña. O título final por equipos acadouno a
selección madrileña, rematando os ourensáns
en 5º lugar.
IV
Open Internacional Vilapouca de Aguiar, Domingo 22 de Xuño
¡41!
xadrecistas ourensáns sobre un total de 188, participaron
na 4ª edición desta importante cita disputada no pais
veciño. Os Clubes Xadrez Ourense, Colectivo Stein
e Xadrez Loureiro estiveron amplamente representados,
salientar os títulos en S-16, S-12 e S-10 de Daniel
López, Ignacio Cabanelas e Adrián Gómez,
respectivamente, así como o 2º posto por equipos de
Xadrez Ourense, e o cuarto lugar obtido por o conxunto do
Colectivo Stein. web
do torneo
Cto.
de España Individual Sub-8 - Motril (Granada), 20 / 22 de
Xuño
Os xovencísimos
xadrecistas ourensáns Gabriel Roma (Xadrez
Ourense), vixente campeón galego,e Miguel Puga (C.
Xuventude), tomaron parte no Cto. de España sub-8 disputado
en terras Granadinas. Completando ambos unha meritoria actuación,
rematando empatados ó 6º posto e ó 21º,
respectivamente.
Iván
Salgado Liderou a Selección Española no Europeo S-18
O Campeonato de Europa de
Nacións Sub-18, disputado do 13 ó 21 de Xuño
en Sgezed (Hungría), contou coa presencia do G.M. Ourensán,
Iván Salgado, no 1º taboleiro da
selección Nacional. cumpliu as súas expectativas
ELO, o resto do equipo estivo irregular, rematando España
na 6ª plaza nunha cita que partía co nº 2 de
ránking.
II
Copa Galicia de Xadrez Escolar - Colexio Maristas día 7 de
Xuño
O Sábado
día 7 de Xuño tivo lugar a 2ª edición
deste importante torneo que reuniu no centro Maristas de
Ourense, a de 200 xadrecistas de toda Galicia e Portugal.
O torneo é puntuable para o Circuito Galego Escolar
2008. Daniel López (S-16), Jorge Joao Ferreira (S-14),
Lucas Abal (S-12), José Rivera (S-10) e Gabriel Roma (S-8)
foron os vencedores das respectivas categorías.
IMAXES
- MOSAICO PARTICIPANTES
Gabriel
Roma novo campeón Galego Individual da categoría
sub-8
O xadrecista
ourensán Gabriel Roma (Xadrez Ourense) proclamouse
campeón galego individual sub-8 no cto. celebrado en
Pontedeume (Coruña) os días 31 de Maio e 1 de Xuño.
Gabriel viaxará ó próximo Nacional de Motril
(Granada), os días 21 e 22 de Xuño. Salientar a
actuación de Miguel Puga (C. Xuventude), empatado no
2º lugar.
Xadrez
Ourense Campeón Galego Infantil por equipos 2008
O 24 e 25 de Maio tivo lugar en
Lugo o Cto. Galego Infantil por Equipos. Xadrez Ourense
finalizou campeón en cat. masculina mentres que o
Centro Antonio Failde rematou 3º en cat.
feminina.
Martín
Arellano Gañador do Aberto de Sta. Rita en cat. sub-12
21 xadrecistas ourensáns
disputaron esta edición do Aberto de Sta. Rita en
Vilagarcía o Sábado 24 de Maio. Hai que destacar a
victoria de Martín Arellano en cat. Sub-12 e
salientar o 5º lugar de Miguel Puga en Sub-10, así
como o 5º lugar de Manuel García en Absolutos.
XX
edición do Cto. Escolar "Peón
de Ouro" - Mondariz 2008
17 ourensáns
participaron nesta edición. Hai que salientar o 4º e
6º posto de Gabriel Roma e Miguel Puga en S-8,
o 5º de Martín Arellano en S-12, o 5º de
David Gómez en S-14 e o 5º de Daniel López
en S-16.
O
Liceo de Ourense rubrica seu ascenso no Play-off polo título
Tras rematar
en 1º lugar dentro da 1ª división Sur, o Liceo
Ourensán puxo broche de ouro a súa tempada, tras
derrotar ó Campeón da 1ª Norte (O Círculo
das Artes de Lugo), por 3,5 a 0,5. Esta edición foi
disputada paralelamente ós play-off de Div. de Honra, o
pasado 10 de Maio na localidade lucense de Monforte de
Lemos.
10
Xadrecistas Ourensáns participaron no "VIII Concello
da Guarda"
O pasado
Sábado día 10 de Maio tivo lugar na localidade da
Guarda un importante Torneo de semirrápidas por
categorías onde tomaron parte ata 10 xadrecistas
ourensáns. Destacando as actuacións de Gabriel
Roma (Campeón Sub-8), Martín Arellano (2º
Sub-12) e David Gómez (2º Sub-14)
I
FESTIVAL INTERNACIONAL DE XADREZ "
OURENSE 2008 "
O Domingo 27
de Abril, tivo lugar en EXPOURENSE a primeira edición
deste evento que reuniu a 300 xóvenes xadrecistas,
baixo a Dirección do Clube Xadrez Ourense, sendo
ademáis o 1º Torneo do Circuito Galego Escolar -
2008. Miguel Senlle (Univ. de Vigo) en S-16, Samuel Cruz
(X.Ourense) en S-14, Jaime Santos (Cast. León)
en S-12, Alberto Portela (Karpov Pontevedra) en Sub-10 e
Gabriel Roma (X.Ourense) en S-8 foron os gañadores.
Tivo lugar ademáís unha Exhibición a
cargo do G.M. Iván Salgado. Á Clausura
asistiron numerosas personalidades para a entrega de Premios
e para o acto dos Sorteos.
GALERÍA
DE IMAXES EXHIBICIÓN G.M. IVÁN SALGADO
O
Martes 15 de Abril LEONTXO GARCIA en Ourense
O coñecido
xornalista Leontxo García deu unha
conferencia-coloquio, sobre historia do xadrez; orixes, a súa
introducción na península, evolución ata a
época contemporánea, os ctos. mundiais, Bobby
Fischer, etc. Conferencia-coloquio dentro do marco de actividades
de FORO LA REGIÓN de Ourense.
Fase
final Deporte Escolar por equipos 2008
O Xoves día
3 de Abirl tivo lugar no Liceo Ourensán a fase final do
Deporte Escolar por equipos. Xadrez Ourense en Infantil
Mixto, Cambeo en Infantil Feminino e Xadrez Ourense
en Alevín, resultaron os equipos vencedores.
Fase
Intermedia Deporte Escolar por equipos
2008
O Domingo
día 30 disputouse a intermedia do escolar por equipos.
En Alevín clasifícanse para a final Xadrez
Ourense e Maristas Alevin, e en Infantil serán
finalistas Xadrez Ourense e Maristas Infantil
¡¡
IVÁN SALGADO CAMPEÓN EN SAN
SEBASTIÁN 2008 !!
O Xoven Gran Maestro ourensán
alzouse co título do prestixioso Open donostiarra 2008,
tras conquerir 7,5 puntos de 9 xornadas nun evento con máis
de 20 titulados internacionais e 7 G.M., este Open sucedía
ó Open "Paz de Ziganda" de Pamplona de
semirrápidas, donde Iván rematou 2º, nun
durísimo torneo que reuniu a 12 G.M.
CLASIFICACIÓN
SAN SEBASTIÁN - 08
Ctos.
GALEGOS INDIVIDUAIS S-10, S-12, S-16 e Senior - PADRÓN 08
Un total de 41 Deportistas
ourensáns desplazáronse a Padrón para
disputar os Ctos. Galegos Individuais S-10, S-12, S-16 e Senior.
Salientar o Subcampeonato Absoluto acadado por Marcos
Lorenzo con 6 de 7 puntos, e o Título en cat.
Veteráns de Joaquín Bello (4.5 de 7),
tamén destacou o Bronce S-12 de M. Arellano, o 5º
lugar S-16 de Xavier Gómez, así como o 10º
S-10 de Gabriel Roma (ainda Sub-8).
CLASIFICACIÓN
CATEGORÍA SENIOR
PARTICIPACIÓN
XERAL POR CLUBES NOS Ctos. GALEGOS - 08
1ª
FASE CTO. ESCOLAR POR EQUIPOS - Deporte Escolar 2008
Esta
primeira fase tivo lugar o Domingo día 9 de Marzo, contou
coa participación de 18 equipos dentro da categoría
Alevín. A organización correu a cargo do Club Casa
da Xuventude e o 1º equipo Clasificado foi Maristas Alevín
"A", ademáis, os 8 primeiros equipos
clasifícanse para a próxima fase do día 30 de
Marzo.
I
CAMPEONATO "Día + DE AJEDREZ" / + DEPORTE - La
Región
La
Región e Obra Social Caixa
Galicia fixeron posible un evento
donde se deron cita perto de 150 xadrecistas de toda Galicia e
Portugal o Domingo 24. Disputado en Expourense e baixo a
dirección Club Xadrez Ourense, con máis de 50
premios repartidos, exhibición final, sorteos e obsequios,
puxeron broche final a unha xornada donde Miguel Senlle (en
Senior-U. de Vigo), Daniel López (en
Cadete-X.Ourense), Sergio Lomba (en Infantil-Albatros - A
Guardia), Luis Segura (en Alevín-Fontecarmoa -
Vilagarcía) e Gabriel Roma (en Benxamín-X
Ourense), foron os principais protagonistas, entre moitos outros.
CLASIFICACIÓN
FINAL Sub-14, Sub-12, Sub-10
CLASIFICACIÓN
FINAL Senior - Cadete
IMAXES
ENTREGA DE PREMIOS / SIMULTÁNEAS
CTO.
PROVINCIAL SUB-12 e SUB-10, CAIXAGALICIA 17-02-2008
O Domingo día 17 de
Febreiro disputouse Cto. Provincial sub-12 e sub-10,
clasificatorio para o Cto. Galego individual (Padrón -
Marzo 08) e coa participación de máis de 50
xóvenes xadrecistas. Martín Arellano, Brayan
Salgado e Iago Feijoo foron os 3 primeiros en cat. Sub-12.
Adrián Gómez, Miguel Puga e Mateo Álvarez
en Sub-10.
CTO.
GALEGO INDIVIDUAL SUB-18 e SUB-14, Pontedeume 2008
Excelente actuación dos
ourensáns nos ctos. galegos individuais disputados do 2 ó
5 de Febreiro en Pontedeume. Daniel López e Xabier
Gómez remataron 2º e 5º respectivamente en
S-18, mentres que Sergio Blázquez, Samuel Cruz e David
Gómez finalizaron 3º,4º e 6º en Sub-14.
foron un total de 11 ourensáns participantes, nun evento
que reuniu a 90 xóvenes xadrecistas galegos.
XXIII
ABERTO DE XADREZ ANINOVO BARROCÁS - 2007
144 Xóvenes Xadrecistas
déronse cita o Domingo 30 de Decembro en Ourense para
disputar a XXIII edición do clásico de Nadal
Aninovo-Barrocás. Juan José Gil (Xadrez
Ourense) en S-14, David Gómez (Xadrez Ourense) en
Sub-12 e o lucense J.Ramón Pardo (Cemar-Mondariz) en
Sub-10, foron os vencedores.
51 xadrecistas ( 23 con
ELO FIDE ) déronse cita nesta XXIII edición do
Aninovo-Barrocás nas súas categorías
Senior, Xuvenil e Cadete. Oscar Salgado en senior,
Salvador Rey en Xuveniles e Xabier Gómez en
Cadetes resultaron vencedores. ( En breve Informe FIDE
e feda)
ORDEN
DE FORZA INICIAL -
BASES ABERTO INTERNACIONAL
III
Maratón de Xadrez por parellas - Clausura Copa
Deputación-08
Tivo lugar o pasado 22 de Decembro
no Liceo Ourensán coa participación de 68
xadrecistas (34 parellas). A parella Gañadora foi a
configurada por Armando de Sousa (Liceo de Ourense) e María
García (Xadrez Ourense). Ó remate entregáronse
todos os premios das diferentes actividades da Copa Deputación
de Xadrez 2007
IV
Cuadrangular por Equipos "Concello de
Ourense - 2007"
Disputado nos locais de Barrocás,
válido para ELO FIDE e FEDA, tivo lugar este xa
clásico torneo por equipos. Xadrez Ourense "A"
resultou gañador, empatado no 1º posto co subcampeón
Xadrez Loureiro, o bronce foi para a Selección
Ourensana Xuvenil, mentres que o Xadrez Celanova rematou
en 4º lugar
En Breve
Informe ELO
Campeonato
zonal Sub-16 - 2007 - Xabier Gómez foi o
Campeón
Tivo lugar nos locais do Clube
Xadrez Loureiro o Domingo 16, tomaron parte 16 xadrecistas
resultando gañador Xabier Gómez, mentres que
David Gómez e Daniel López foron 2º
e 3º respectivamente.
En breve
Imaxes
Campeonatos
Provinciais Sub - 18 e Sub - 14 - 2007
Disputado na Casa da Xuventude,
rematado o día 9 - 12, resaltamos as victorias de Breixo
Gómez en categoría Sub-18, e de Samuel Cruz
en Sub-14. Daniel López e Javier Martínez
completaron o podio Sub-18, mentres que David Gómez
e Andrés Lema fixeron o propio en Sub-14
V
Campeonato de Xadrez para xóvenes - MEGAXOVE
2007
52 xadrecistas déronse cita
o Domingo día 9 de Decembro no recinto feiral
EXPOURENSE para disputar este clásico torneo por
cateogorías. Daniel López impúxose en
Sub-16, Martín Sabuz en Sub-14, mentres que David
Gómez e Adrián Gómez facían
o propio en Sub-12 e Sub-10
Joaquín Bello,
xadrecista do Liceo de Ourense, proclamouse vencedor da presente
edición ó conquerir 6 victorias sobre as 6 xornadas
disputadas. Rafael Sánchez (Xadrez Loureiro) e
Joaquín Losada (Ateneo), completaron o podio do
torneo rematado o Sábado día 8
Campeonato
Aberto Peón de Ouro por Equipos, Mondariz
Disputado en
Mondariz os días 24 e 25 de Novembro con ampla
participación ourensana que desplazou 8 escuadras nas
diferentes categorías. Ouro en Alevíns, Plata en
Infantiles, así como os premios individuais de Pedro
García e Nacho Cabanelas foron os resultados
máis salientables. www.ajedrezmarcote.com
III
Memorial Clemente Jiménez Aisa - Liceo de Ourense
81 xadrecistas déronse cita
o Sábado 17 no Liceo Ourensán para rendir homenaxe a
Clemente Jiménez. Armando de Sousa (Senior), Samuel
Cruz (Cadete), Juan José Gil (Infantil), Sergio
Blázquez (Alevín) e Antón Soria
(Benxamín), resultaron vencedores das diferentes
categorías.
Daniel
López Garrido Vencedor do II Circuito Galego Escolar 2007
O xadrecista Ourensán
Daniel López proclamouse campeón do II
Circuito Galego Escolar -07 na súa categoría;
S-16, tras rematar 4º o pasado Sábado día 10 no
Open de Vilagarcía. Asimesmo, David Gómez
impúxose, neste mesmo Open, en Categoría S-12, posto
que lle serviu para finalizar 5º da clasificación
final combinada na súa categoría.
CLASIFICACIÓNS
OPEN VILAGARCÍA
Copa
Deputación de Xadrez Activo 2007 - Ateneo de Ourense
O 3 de
Novembro tivo lugar a C.Deputación de Xadrez Activo,
Armando De Sousa en Senior, Xabier Gómez en
Cadete, Samuel Villar en Infantiles e David Gómez
en Alevín, vencedores desta edición, tomaron
parte 49 xadrecistas e foi organizado polo Clube Xadrez Loureiro.
"I
Memorial Juan Carlos Parente Mojón"
- Liceo de Ourense
Máis de 50 xadrecistas
rendiron homenaxe, o Sábado 27, a este coñecido
xadrecista ourensán das 2 últimas décadas. J.
Miguel Conde en Senior, Aarón Ferreiro en
Xuveniles, Samuel Villar en Cadetes, Samuel Cruz en
Infantiles e David Gómez en Alevíns,
resultaron vencedores das diferentes categorías.
Copa
Deputación de Xadrez Relámpago 2007 - Ateneo de
Ourense
O 20 de
Outubro tivo lugar a C. Deputación de Xadrez Relámpago,
Alejandro De León en Senior, Juan José Gil
en Cadete, Samuel Cruz en Infantiles e David Gómez
en Alevín, vencedores desta edición, tomaron
parte 44 xadrecistas e organizada polo Clube Xadrez Loureiro.
XVIII
Torneo de Xadrez Activo "Gallaecia - 07" - C. Xuventude
Disputado o 13 de Outubro. Iván
Salgado impúxose en Senior, Xuvenil e Cadete, Manuel
Vidal subcampeón senior e Armando de Sousa 3º.
En Xuvenil Breixo Gómez foi prata, e Salvador Rey
completou o podio. Samuel Cruz foi gañador sub-14 e
Martín Arellano Sub-12.
Victoria
de Martín Arellano en Poio - Pontevedra, en Cat. S-12
O Sábado día 6,
varios ourensáns desplazáronse a Pontevedra para
disputar o torneo do C.Escolar 07 "C.Comercial A Barca",
salientar a victoria de Martín Arellano (1570) en
S-12, e boas actuacións de David Gómez (1456)
tamén en S-12, e de Samuel Cruz (1516) en
S-14
Aberto
de Xadrez Activo Campus de Ourense 2007
O pasado Sábado día
6 disputouse no Campus ourensán este clásico torneo
de xadrez activo. Victorias de Armando de Sousa en Senior,
José Doval en cat. Universitaria, Juan José
Gil (Cadetes), Sergio Blázquez (Infantil), Tania
Rodríguez (Alevín) e Aarón Iglesias
(Benxamín). Torneo organizado polo Clube de Xadrez
Campus-Ourense.
EN BREVE
CLASIFICACIÓNS COMPLETAS
Aberto
Concello de Padrón / Senior e Circ. Galego Escolar 07
Importante participación
ourensana (13 xogadores) o 29-9. Destacaron Javier
Varasa - Senior (11º), Daniel López (2º)
e Javier Vecillas (5º) - S-16, David Gómez
(4º) - S-12, e Adrián Gómez (6º) -
S-10.
Aberto
Concello de Valga - Pontevedra / Circ. Galego Escolar 07
9 xóvenes xadrecistas
ourensáns tomaron parte o pasado Sábado día
15-9 neste evento. Hai que facer mención ó 4º
lugar de M.Arellano en S-12, así como ó 5º
posto de Javier Martínez en S-16
I
Aberto Concello de Vilanova - Circuito Galego Escolar - 07
tivo
lugar en Vilanova de Arousa o Sábado 8-9.Hai que
salientar a prata de M.Arellano en S-12 e o 5º lugar
de J.Martínez en S-16 e de A. Gómez en
S-10. Participando un total de 11 xóvenes ourensáns.
Campeonato
de España Aberto Senior - Grupo Norte
Disputado en Mondariz do 3 ó
9 de Sept. contou coa participación do veterano xadrecista
ourensáns Joaquín Bello (Liceo Ourense), a
victoria neste grupo foi para o Catalán Josep Oms (G.M.),
con 5,5 puntos.
Boa
actuación dos Ourensáns no "Open Concello
Mondariz - 07"
5 xadrecistas ourensáns
tomaron parte no Open de Mondariz, Joaquín Bello
acadou 5,5 puntos, tras boa actuación (empates ante
M.I. V.Iotov e D.Rivera), Martín Arellano fixo 5
puntos nunha meritoria actuación, e David Gómez
rematou con 4, acadando ambos bloque FIDE.
Iván Salgado acada a
súa 2ª norma de G.M. Open Internacional de Sants
(Barcelona) que rematou o día 2-9, ademáis dun
excelente 5º lugar, tras vencer en 9ª Rnd. ó M.I.
Xavi Vila, e empatar fronte ós G.M. S. Sulskis, (Lituania),
J. García (Mexico) ou Mihai Marín (Romenia).
Excelente
actuación de Xabier Gómez no "VII Alonso Leira
Sub-20"
Xabier Gómez
(C.Xuventude) rematou 6º no "Mem. Alonso Leira"
(Sub-20) disputado do 20 ó 24-8 en Ferrol, tras derrotar na
última rolda con pezas negras ó M.I. Valentín
Iotov, 2502! elo. Breixo Gómez
(C.Xuventude) finalizou 12º, acadando ambos importantes
premios.
máis
info en www.cfxadrez.org
IX
Memorial Carlos Alfredo - Xadrez Activo CELANOVA 2007
O fin de Semana do 11-12 de
Agosto, tivo lugar este clásico Torneo que chega a
súa 9ª edición. Fernando Sánchez,
Javier Varasa e Alejandro De León ocuparon o podio.
Xosé L. Casal, Xabier Gómez, Miguel Palacios e
Martín Arellano gañadores por categorías.
Luis
Roma e Gabriel Roma gañadores en Denia - Alicante
O día 12 de Agosto tivo
lugar en Denia - Alicante un interesante torneo por categorías
no que Luis Roma (Xadrez Ouresne), conqueriu o triunfo na
categoría sub-16 e Gabriel Roma, acadou o bronce en
Sub-10
IVÁN
SALGADO CAMPEÓN DE ESPAÑA INDIVIDUAL - Linares 2007
O Venres día 27 de Xullo
Iván Salgado proclamouse campeón de España
individual tras conquerir 8 dos 9 puntos en litixio, cunha
perfermance de 2481 ELO. Hai que salientar o bo campeonato
realizado por Xabier Gómez que chegou a contar 5 de
7 puntos, Mentres que Daniel López completou tamén
un aceptable Torneo, rematando con victoria fronte ó 29 de
ránking.
CAMPEONATOS
DE ESPAÑA INDIVIDUAIS - Linares 2007
Os Xadrecistas ourensáns
David Gómez (mellor galego clasificado con 5,5
puntos), Martín Arellano e Sergio Blázquez,
participaron do 8 ó 13 de Xullo na localidade xienense de
Linares no Cto. de España individual Sub-12. Pola súa
parte Juan José Gil e Samuel Cruz disputaron
tamén a Categoría Sub-14 (do 15 ó 20 de
Xullo)
XVI
OPEN INTERNACIONAL DE XADREZ "CIDADE DAS BURGAS"
Rematou o XVI Aberto
Internacional Cidade das Burgas, que nesta decimosexta edición
reuniu a 100 xadrecistas no pabillón
polideportivo da Casa da Xuventude, sendo o Open Ourensán o
segundo torneo do circuito galego. Destacando as actuacións
dos Ourensáns Marcos Lorenzo, David Baltar e
Antonio Villar, as como o elevado número de bloques
FIDE e FEDA acadados por xadrecistas ourensáns.
Variacións
e bloques de ELO FIDE
III
OPEN INTERNACIONAL VILAPOUCA DE AGUIAR - PORTUGAL
31 xadrecistas ourensáns,
desplazáronse o pasado Domingo día 24 de Xuño
á localidade portuguesa de Vilapouca de Aguiar para
participar no III Open Internacional da cidade. Iván
Salgado (2º), J.Antonio Álvarez, Oscar
Salgado e Aarón Ferreiro en Senior, Breixo
Gómez en Sub-18 (3º), Martín Arellano
(2º) e Sergio Blázquez (3º) en sub-12,
Gabriel Roma (3º) en Sub-8 e Alba Rodríguez
(3ª) en feminino, destacaron na clasificación
individual, mentres que Xadrez Ourense (Subcampeón)
e Peña Recreativa ( 6º posto ), destacaron na
clasificación por equipos.
I
MEMORIAL XOSÉ HENRIQUE RODRÍGUEZ
PEÑA - 2007
Disputado entre os días 7 e
17 de Xuño na nosa Cidade, tivo lugar o
I Memorial Xosé Henrique
Rodríguez Peña, que estivo dividido en 2
fortísimos torneos. O Maxistral Pechado con 8 G.M. e 2 M.I.
e o Internacional Activo con numerosos titulados internacionais.
Organizado polo Ateneo Ourensán e baixo a dirección
de Joaquín Bello Filgueira.
CLASIFICACIÓN
MAXISTRAL PECHADO
CLASIFICACIÓN
ABERTO INTERNACIONAL
Máis información en
www.tabladeflandes.com
/ www.fegaxa.com
I
COPA GALICIA DE XADREZ MARISTAS OURENSE-(Cir.Galego 07)
O Pasado Sábado día
9 de Xuño tivo lugar a primeira edición da COPA
GALICIA de Xadrez por categorías. No Centro Maristas
de Ourense déronse cita 154 xóvenes xadrecistas
galégos, resultando vencedores Alberto Portela
(Karpov Pontevedra) en S-8, Ramón Pardo (F.Lugo) en
S-10, Iago Barral (Karpov Pontevedra) en S-12, Adrián
Portela (Karpov) en S-14 e Daniel López (Xadrez
Ourense) en S-16.
Copa
Diputación por Equipos, Día 2 de Xuño Ateneo
Ourense
O pasado sábado día
2 de Xuño tivo lugar a Copa Diputación por
Equipos no Ateneo ourensán, organizado por
Gonkafé-Loureiro, o triunfo foi para o Liceo de
Ourensán, tomaron parte na proba 10 equipos da nosa
provincia.
Olimpiada
Escolar de Xadrez por Categorías 2007 (C.Deputación)
Máis
de 120 xóvenes ourensáns déronse cita no
centro social de CAixa Galicia para disputar a Olimpiada Escolar -
07 de Xadrez. En categoría sub-14 impúxose Rubén
Pérez, en sub-12 Sergio Blázquez, en
sub-10 Ignacio Cabanelas e en sub-8 Gabriel Roma.
Torneo
Internacional Escolar Peón de Ouro - Mondariz 2007
¡ 45 ! Xóvenes
ourensáns desplazáronse a Mondariz os días 19
e 20 de Maio para disputar a XIX edición deste clásico
torneo. Hai que salientar a victoria de Iván Salgado en
Cadetes, así como o 4º posto de Xabier Gómez,
así como as boas actuacións de Samuel Cruz en
Infantil, Martín Arellano en Alevín e Aarón
Iglesias en Benxamín.
Daniel
López en S-16 e David Gómez en S-12 gañadores
en Padrón
Os xóvenes xadrecistas
ourensáns do Clube Xadrez Ourense, Daniel López
e David Gómez, impuxéronse nas súas
respectivas categorías no Torneo Camilo José Cela en
Padrón, 1º torneo do Circuito Galego Escolar. Hai que
salientar tamén o 5º lugar acadado por Martín
Arellano.
Xadrez
Ourense Feminino Campeón Galego por Equipos
O pasado fin de semana do día
12 e 13 de Maio tivo lugar no pavillón polideportivo dos
Remedios o Cto. Galego Escolar Infantil da Xunta de Galicia.
Xadrez Ourense Infantil Feminino proclamouse campeón
mentres que Xadrez Ourense Infantil Masculino rematou en 4º
lugar.
O
Sábado 5, disputouse o clásico de semirrápidas
"Maio Xove"
O Sábado día 5, no
salón de actos da C.Xuventude tivo lugar este clásico
torneo de partidas semirrápidas, coa participación
de 35 xadrecistas e organizado polo Clube Casa da Xuventude.
Finais
Provinciais Escolares - Xunta de Galicia - Ourense
O pasado Xoves día 26 de
Abril, tivo lugar no Centro Social de Caixa Galicia, a fase final
provincial escolar nas súas diferentes categorías.
Xadrez Ourense en Infantil Mixto, Xadrez Ourense en
Infantil Feminino, Carmelitas Vedruna en Alevín
Mixto e Rairiz de Veiga en Alevín Feminino foron os
equipos campeóns provinciais. Os de cat. Infantil serán
os representantes da provincia nos vindeiros Ctos. Galegos.
Campeonato
Escolar por Equipos - Fase Final Ourense-Municipio
O pasado Domingo día 15,
tivo lugar no centro social de Caixa Galicia a fase final de
Ourense-Comarca, do Cto. Provincial Escolar por Equipos.En
categoría Infantil clasificáronse Maristas
"A" e Xadrez Ourense, mentres que en Alevín
fixeron o propio Carmelitas Vedruna e Maristas Alevín
"A", todos eles disputarán a final do 26 de
Abril.
CAMPEONATOS
GALEGOS INDIVIDUAIS - Padrón ( 31 - 3 ó
3 - 4 )
Excelente balance para os
ourensáns, que ademais de participar en elevado número
( 28 xadrecistas ) nesta importante cita, trouxeron para Ourense
unha Prata, un Bronce e un 4º Posto. David Gómez
(Xadrez Ourense) rematou subcampeón sub-12, Xabier Gómez
(C. Xuventude) acadou o bronce en sub-16, mentres que Andrés
Freijeiro (Xadrez Ourense), oitavo, foi o mellor ourensán
en sub-10
CUADRO
DE HONRA XOGADORES OURENSÁNS
O
Domingo día 25 de Marzo tivo lugar a 1ª Fase do Cto.
Escolar
O Campenato Provincial Escolar
por equipos (Xunta de Galicia), deu comenzo o Domingo día
25, no Polideportivo da Casa da Xuventude, nas categorías
Infantil e Alevín, 26 equipos en total e máis dun
centenar de xóvenes xadrecistas. Xadrez Ourense en
Infantil e Carmelitas en Alevín, venceron nestas fases
previas clasificatorias.
Campeonatos
Provinciais Federados Sub-16, Sub-12 e Sub-10
Disputados no Centro Social de
Caixa Galicia o Domingo día 11 de Marzo e organizados polo
Clube Xadrez Ourense, tiveron lugar os Ctos. Provinciais Cadete,
Alevín e Benxamín. Os gañadores foron
respectivamente Daniel López (Xadrez Ourense), David
Gómez (Xadrez Ourense) e Aarón Iglesias (Casa
da Xuventude)
Campeoanato
Galego Sub-18 e Sub-14, Narón - 07
15 Xóvenes xadrecistas
Ourensáns participaron nos Ctos. Galegos Individuáis
de Narón-07. Xabier Gómez e Daniel López,
con 4,5, en Sub-18, así como Juan José Gil, con
5, en Sub-14 foron os mellores de entre os nosos
representantes. Os locais do Circulo Ferrolano e o Xadrez
Ourense, foron os clubes máis participativos de Galiza.
¡
Iago Prol e Antonio Villar estiveron en Moskova !
Os Xadrecistas ourensáns
tomaron parte no fortísimo "Aeroflot chess
Open - 07", toda unha experiencia nun torneo de
élite internacional, toda a informacións sobre este
im portante evento en www.aeroflotchess. com
4ª
División Federada por Equipos ( Caixa Galicia 11 de
Febreiro)
Tomaron parte 16 clubes de
toda a provincia, disputouse en 6 Roldas e destacou o elevado
número de participantes. A Victoria final foi conseguida
por o Xadrez Ourense-Kárpov.
Campeonato
por Equipos Galego-Portugués S-18 (Padrón -
28-1)
Organizado pola FEGA e Pola
Dirección Xeral para o Deporte, 10 Equipos do Eixo
Atlántico disputaron esta interesante competición. O
Xadrez Ourense conqueriu o Bronce cun equipo composto por
Daniel López, Juan Gil, Javier Vecillas e Alba Rodríguez.
XXII
Aberto Intern. Aninovo - 07 (26,27,28,29-Dec. /
3,4,5-Xan.)
O 5 de Xaneiro rematou o
Aninovo - 07, con victorias de Manuel Vidal en Senior,
Fabio Barbosa en Xuvenil e Xabier Gómez en
Cadete. No torneo, e durante 7 xornadas tomaron parte 54
xadrecistas (que xunto ós
S-14,S-12 e S-10 foron un
total de 185 participantes), 21 con FIDE.
XXII
Aninovo Barrocás Infantil, Alevín e Benxamín
(30-12-06)
O Sábado día 30 de
Decembro-06 tiveron lugar os Torneos Infantil (S14), Alevín
(S12)e Benxamín (S10), coa participación de 131
xogadores de Vigo, Vilagarcía, Pontevedra, Portugal,
Celanova. As victorias foron para Xabier Gómez
(S14), Samuel Cruz (S12) e Vicente Marques
(S10)
Clausura
Copa Deputación-06 e Maratón de Parellas
A tradicional Maratón de
Parellas foi disputada no Liceo Ourensán, con Récord
de Participación (48 parellas, 96 xogadores) que
abarrotaron o Salón Noble do Liceo, tanto para o torneo
como para a Clausura e posterior entrega de Premios. Resultou
gañadora a parella composta por Salvador Rey e David
Vázquez que acadaron 20 puntos en 2 horas.
Iván
Salgado remata 3º No Maxistral Internacional de Euskadi
O
M.I.Ourensán, remata 3º, no XVI Torneo Maxistral
Internacional en Elgoibar. O Torneo disputouse entre 10 e 17
de Decembro, e reuniu a 10 especialistas de diversas
nacionalidades. O xoven Ourensán aproveitou a oportunidade
e acadou os 800 € do 3º premio, e subiu 16 puntos ELO. +
1ª Rolda: 20 de novembro ás 17:00
2ª Rolda: 21 de novembro ás 17:00
3ª Rolda: 27 de novembro ás 17:00
4ª Rolda: 28 de novembro ás 17:00
5ª Rolda: 11 de decembro ás 17:00
6ª Rolda: 12 de decembro ás 17:00
Emparellamentos próxima rolda.
Ver partidas (en proceso de carga).
Descargar as partidas.
Ver imaxes
Cartel.
Bases.
Historial de gañadores
As inscricións xa están abertas, ata o 18 de novembro, no seguinte enderezo electrónico: juanjosearellano@gmail.com.
Información torneo categorías.
Información aberto internacional.
Cartel.
Máis información.
Clasificacións
Imaxes
Inscricións: barrocus@edu.xunta.es
Ver clasificación
Ver imaxes
Máis información
Resultados e clasificacións
Máis información
Resultados e clasificacións
280 participantes e o numeroso público chegado dende todos os puntos de Galicia e Portugal, deron calor, colorido e ateigaron as instalación de Expourense.
Brais Hidalgo Mera (A. Bóveda de Coruña) en sub-8, Gabriel Roma Barge (Xadrez Ourense) en sub-10, Alberto Portela Peleteiro (E.X.Pontevedra) en sub-12, Jorge Iglesias (Lucena de Vigo) en sub-14 e Yago Barral (Kárpov de Pontevedra) en sub-16, foron os vencedores de esta edición.
No circuito escolar, os xogadores ourensanos acadaron: dous primeiros postos, un segundo e dous terceiros.
O Campión galego individual Fernando Sánchez Aller realizou unha exhibición simultánea cos gañadores e logrou vencer o enfrontamento por 3 a 2.
Clasificación sub-8.
Podio da categoría sub-8.
Clasificación sub-10.
Podio da categoría sub-10.
Clasificación sub-12.
Podio da categoría sub-12.
Clasificación sub-14.
Podio da categoría sub-14.
Clasificación sub-16.
Podio da categoría sub-16.
Máis información do torneo na web do Club Xadrez Ourense
Máis información sobre o circuito escolar na web da Federación Galega.
Maís información na web do Club Xadrez Ourense
Trofeo aos 3 primeiros clasificados categoría senior.
Trofeo aos 3 primeiros universitarios.
Trofeo ao campión benxamín.
Trofeo ao campión alevín.
Trofeo ao campión infantil.
Trofeo ao campión cadete.
Para anotarse, enviar un correo a linohermida@yahoo.es
Clasificación Benjamín (sub-10)
Clasificación Alevín (sub-12)
Clasificación Infantil (sub-14)
Clasificación Cadete (sub-16)
... Hai homes que loitan un día e son bos, hai outros que loitan un ano e son mellores, hai quen loitan moitos anos e son moi bos, pero hai os que loitan toda a vida: esos son os imprescindibles...
(Berthold Brecht)
Fonte:Páxina web do club Xadrez Ourense
Na web oficial pódense ver os resultados e as partidas.
Sub-8
Sub-10
Sub-12
Sub-14
Sub-18
Imaxes parte I
Imaxes parte II
Imaxes parte III
Imaxes
Fotos
Páxina: %s ", $i, $i); } ?> ARQUIVO
Visitas: Actualizado: