1
Xadrez en Forcarei

Aquí tes o material das clases de xadrez, para que poidas repasar cando queiras.
Imos empezar aprendendo como moven algunhas pezas.
Para lembrar como se moven as pezas. Primeiro hai que lembrar que non se pode mover a unha casiña na que xa teñas unha peza. Se moves a unha casiña que xa ten outra peza, quítase esa peza do taboleiro, e considérase capturada.


This is the correct way to set the pieces.

A torre pode mover a calquera casiña da mesma fila ou columna.

The rook can move to any square in the same file or column.


Pode mover a calquera casiña que teña pegada.

It can move to any square just next to him.

O bispo (bishop) pode mover a calquera casiña da diagonal na que se atopa.

The bishop can move to any square in the diagonal it stands

O cabalo (the knight) pode mover a calquera das casiñas que teña máis preto e que non estean na mesma diagonal, nin fila, nin columna.
O cabalo pode saltar.

Nesta posición, o rei negro pode tomar ou capturar a torre branca que se atopa en f4 (King takes rook).

Un rei NUNCA pode capturar a outro rei, porque está prohibido que o rei mova a unha casilla onde o comen. Se un xogador fai isto, hai que desfacer ese movemento e facer outro.

As dúas primeiras maneiras de terminar a partida que imos aprender son o xaque mate e o afogado. O xaque mate (checkmate) sucede cando o noso rei está ameazado por outra peza e non ten ningunha casiña de escape. Neste caso perde a partida o bando do rei ameazado.


O afogado (stalemate), pola contra sucede cando o rei non ten casiñas legais para mover, pero non está ameazado. Neste caso a partida termina en táboas, empate.

As xogadas de xadrez escríbense poñendo primeiro o número do movemento (1, 2, 3, ...). Hai que ter en conta que nun movemento de xadrez, primeiro moven as brancas e despois as negras. Por exemplo, se no primeiro movemento o rei branco (white king) move a c3 e o rei negro (black king) move a c5, escríbese así: 1. Kc3 Kc5

Como se pode ver no exemplo, a continuación escríbese a inicial do nome da peza que vai mover, en maiúscula:
R - rook
N - Knigh
B - Bishop
Q - Queen
K - King
- Pawn (se move o peón non se pon ningunha inicial).

E despois o nome da casilla á que esa peza vai mover. Primeiro a letra en minúscula e despois o número. Por exemplo: Rc1, que quere dicir "Rook to c 1".

En caso de que a xogada sexa xaque mate escríbese así: "++"


Exercicios